top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Manuel Cuiña denuncia en Agolada "o desprezo da Xunta de Rueda aos concellos cun goberno independente"

Explica que “o PP castiga aos veciños e veciñas sen investimentos e sen servizos

públicos polo simple feito de elixir a alcaldes oun alcaldesas doutras cores políticas”

Ecos da Comarca/Agolada

O candidato socialista ao parlamento de Galicia, Manuel Cuiña, denunciou onte o "abandono ao que a Xunta de Rueda somete, non só aos concellos gobernados polo PSdeG, senón tamén a aqueles dirixidos por un alcalde ou alcaldesa independente", como é o caso de Agolada. Cuiña lanzou esta crítica nun acto de campaña celebrado nesta localidade que foi presentado por Sonia Martínez e que contou coa presenza do alcalde, Luis Calvo, así como coa da alcaldesa de Silleda e vicesecretaria provincial do PSdeG, Paula Fernández.

Explicou que “o PP castiga aos veciños e veciñas sen investimentos e sen servizos públicos polo simple feito de elixir a alcaldes oun alcaldesas doutras cores políticas que non son as súas”. “É antidemocrático e temos que rematar coa Galicia de cidadáns de primeira e de segunda que nos impoñen Rueda e Feijóo en función de quen xestione un concello”, engadiu.


Publicidade

O número 6 por Pontevedra sinalou que a Xunta "non investiu nin un euro en concellos da

comarca con goberno local independente como son Agolada ou Vila de Cruces, que ven

desatendidos servizos tan fundamentais como a sanidade, as infraestruturas ou os centros

educativos". Incidiu en que “a partir do día 18 con Besteiro na presidencia da Xunta Galicia

pasará páxina e terá un goberno xusto para todos e todas as galegas”.


O exalcalde de Silleda chamou a reflexionar sobre a Galicia de hai quince anos e a Galicia

tras os gobernos do PP, sinalando que “é evidente que o noso País está moito peor, perdeu

máis de 100.000 habitantes, estamos economicamente estancados, o rural esmorece e

deterioráronse servizos básicos como a sanidade”. “É preciso un cambio liderado por un

goberno socialista con experiencia de xestión, con capacidade para atraer investimentos e

cun proxecto de crecemento e oportunidades para toda Galicia por igual”, concluíu para

pedir o voto ao PSdeG o vindeiro domingo.


Publicidade

Polo seu lado, o eurodeputado lalinense, Nicolás González Casares, apelou á mobilización de todos e todas as votantes progresistas o próximo domingo ao redor da papeleta socialista para lograr un cambio que sitúe a Galicia na locomotora de España en crecemento, oportunidades e dereitos. Sinalou como exemplo do abandono do PP ás comarcas do interior co peche de milleiros de explotacións gandeiras nos últimos anos, a falta de chan industrial, a eternización das parcelarias ou a inexistencia de vivenda pública.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page