top of page

Manuel Cuiña aposta por construir un complexo deportivo de pádel no recinto municipal de O Castro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A dotación da piscina climatizada, aproveitando as vantaxes e aforro da Rede de

Calor, de novo no programa dos socialistas silledense, xunto a novidades como un parque de calistenia nas Pedrosas ou a potenciación da Escola de Escalada de Ponte Taboada


Ecos da Comarca/Silleda

O candidato á Alcaldía e actual alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, inclúe nas súas propostas para deportes a creación dun complexo deportivo de pádel no recinto municipal xa existente en O Castro.


Esta mellora, ca dotación de aseos, vestiarios, melloras na eficienica enerxética e

dixitalización das instalación de pádel actuais realizarase a través da liña de axudas que

ten previsto convocar o Consello Superior de Deportes. “Tendo en conta o seu elevado uso e que é necesario realizar melloras, apostaremos pola reforma integral destas instalación municipais”, indica Cuiña.

Tamén volve figurar no programa de Cuiña a construción da ansiada piscina climatizada, na parcela situada xunto á Rede de Calor, “unha das poucas iniciativas que nos quedou pendentes do programa anterior, xa que durante a pandemia houbo que priorizar e aparcar algún proxectos”, explica o candidato.

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Entre as novidades figura tamén a dotación dunha zona de calistenia no parque da pedrosas, para implementar a práctica desta modalidade deportiva, ou a potenciación

da Escola de Escalada en Ponte Taboada, onde xa se realizaron melloras nos últimos

meses.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tamén está previsto mellorar os pavillóns de Silleda e da Bandeira, renovando vestiarios, ao igual que no campo de Outeiriño.


Do mesmo xeito, a agrupación socialista tamén propón crear en estreita colaboración

cos clubs deportivos un plan de prevención da violencia no ámbito deportivo, cunha

guía de boas prácticas dende o enfoque dos dereitos da infancia.



0 comentarios

ความคิดเห็น


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page