top of page

Manuel Cuiña aborda con Medio Rural a ampliación e mellora da pista da Laxe, en Oleiros

O rexedor silledense mantivo un encontro de traballo co xefe territorial da Consellería, Antonio Crespo, no que tamén se trataron outras cuestións relativas á rede de camiños


Laura Moure/Silleda

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo en días pasados un encontro de traballo co xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, para tratar cuestións relativas ao proceso de reestructuración parcelaria que se está a levar a cabo na parroquia silledense de Oleiros.


Neste encontro, o rexedor interesouse polas características dos viais de nova apertura (case catro quilómetros) cas obras que se están executando dende o pasado mes de abril, así como pola posible inclusión da mellora doutras vías. Neste senso, Cuiña e Crespo trataron a mellora da pista da Laxe, un dos lugares onde se concentra un bo número da poboación da localidade e que inicialmente non se contemplou nas obras de mellora.

Para a ampliación deste viario, que conecta ademais ca parroquia veciña de Laro, estase a valorar a posibilidade de obter neste proceso os terreos necesarios para a ampliación, a fin de acometer nun futuro a mellora de dita pista. “Trátase dun vial moi transitado onde as dimensións tamén dificultan o paso de vehículos pesados, e que poderá ampliarse nun futuro”, comenta o alcalde, Manuel Cuiña.


O rexedor agradeceu a colaboración da xefatura territorial de Medio Rural tanto neste encontro “como en todo o proceso da reestruturación parcelaria que se está a levar a cabo, unha actuación moi necesaria, que redundará en mellores servizos para a veciñanza de Oleiros e as parroquias da contorna”, engade.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A rede de camiños comezou a executarse o pasado mes de abril, cun orzamento de 1,5 millóns de euros. Contemplase a execución de 11,4 quilómetros de vías principais, orientadas a favorecer a conectividade das 256 hectáreas incluídas na parcelaria. Nas obras acondicionaranse un total de 16 pistas, entre as que figuran as xa existentes e que se prepararán nesta actuación, cunha lonxitude de 7,5 quilómetros, e as de nova apertura, con case catro quilómetros de lonxitude.


A reestruturación parcelaria inclúe un total de 1.705 parcelas pertencentes a 192 propietarios que suman 256 hectáreas de superficie, dispostas dun 74% de uso agrícola e o 26% restante de categoría forestal.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page