Manifestación en Lalín o 8 de marzo baixo o lema “Nas rúas da nosa vila, 8M cada día”
- ecosdacomarca
- 2 mar
- 1 Min. de lectura
Está convocada pola Asociación Azos Feministas
Ecos da Comarca/Lalín
A Asociación Azos Feministas convoca a toda a cidadanía da comarca a manifestarse nas rúas de Lalín o próximo 8 de marzo pola mañá, con motivo do Día Internacional das Mulleres Traballadoras. Baixo o lema Nas rúas de nosa vila, 8M cada día, a marcha reivindicativa arrincará desde o KM Cero ás 12:30 horas e percorreranse as rúas do centro da vila berrando e cantando a ritmo de batukada.

Rematarase de novo no KM 0, onde se dará lectura a un manifesto. Agárdase participación e asistencia de veciñanza e tecido asociativo.
"Este 2025 sumámonos ás 8 reivindicacións propostas pola Marcha Mundial das Mulleres: un traballo digno, un sistema público de coidados, o acceso universal a unha vivenda digna, un servizo galego de saúde que atenda as necesidades do conxunto da nosa poboación, o reforzo dos CIM, a regularización das persoas migrantes e a derogación da Lei de estranxeiría e a construcción dun novo paradigma de sustentabilidade da vida, cunha xestión pública da auga e da enerxía", explica o colectivo.
Comments