top of page

Malestar entre pais do colexio de Monterroso debido a mala combustión dunha caldeira que ocasionou un lume

Ecos da Comarca/Monterroso

Pais e nais do alumnado do colexio de Monterroso alertaron onte de que o sábado se produciu un incendio no centro educativo. Están molestos pola falta de información ao respecto e porque sinalan que o venres durante as clases xa se detectara unha mala combustión da caldeira.

Foto
Foto de arquivo

"Onte houbo un incendio no colexio de Monterroso (polo sábado) no cal existíu unha mala combustión da caldeira dende polo menos o venres", sinala unha das nais. Ademais indica que "o venres desaloxaron aos nenos as 15:30 horas cando foi alí o fontaneiro despois de toda a mañá avisando aos profesores e á dirección do centro da mala combustión". E os pais lamentan que "dende o centro non avisaron da mala combustión nin do desaloxamento aos pais".


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

E foi, segundo indican os proxenitores, cando o sábado, sobre as 19 horas, se produciu un incendio no centro ao cal acudiron, segundo apuntan os pais, os Bombeiros de Chantada e o GES de Monterroso. Este medio intentou contactar onte con estes efectivos, pero non foi imposible.


Dende a ANPA deste colexio indican que son conscientes de que, igual que pode ocorrer na casa de calquera, haxa problemas coa caldeira, pero o que non aceptan é que non foran avisados deste feito e que non se tomaran medidas xa o venres. Sinalan que a raíz do lume "dende a dirección do centro enviáronnos o sábado un abalar ás 21:30 horas da noite por se algún neno tiña síntomas compatibles con intoxicación que acudiran a urxencias. Non se sabe se hai nenos afectados, pois dende a dirección do centro e a Consellería non deron máis información".


Primeira mensaxe enviada polo centro aos pais o sábado:

Estimadas familias,
Ante a incidencia detectada hoxe no sistema da caldeira pola mala combustión, aconsellamos que se algún neno ou nena ten síntomas de vómitos ou mareos que acudan aos servizo sanitarios.
Mañá informaremos ao final do día como se nos comunicou dende a Consellería se o luns poderemos acudir ao centro.

PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segunda mensaxe enviada polo centro aos pais o domingo a media tarde:

Estimadas familias, desde Xefatura Territorial y Unidad Técnica que está ahora en nuestro centro, se nos comunica que:
Los niños y las niñas pueden acudir mañana al centro con total normalidad.
Mientras no nos instalen la caldera nueva (probablemente a lo largo de esta semana) tienen que venir algo más abrigados.
Un saludo

Pais e nais reiteran o seu malestar pola falta de información e por non ter actuando doutro xeito o venres, cando xa se detectou unha mala combustión. Algúns pais apuntaron que non mandarían hoxe aos seus fillos ao colexio por prevención despois do ocurrido.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page