top of page

Mañá xa se poderá solicitar as axudas do Pino dirixidas ao sector da hostalaría e da restauración

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

As bases publicáronse hoxe no Boletín Oficial da Provincia da Coruña


O casco urbano do Pino.


Laura Moure/O Pino

A Xunta de Goberno Local do Concello de O Pino, en sesión ordinaria celebrada o pasado 9 de febreiro, acordou a aprobación das bases reguladoras de axudas para o impulso da actividade económica no termo muncipal do Pino para paliar os efectos da Covid-19: liña de axudas para autónomos obrigados a suspender a apertura ao público segundo R.D. 463/2020 do 14 de marzo. O anuncio das bases desta convocatoria extraordinara de axudas para o sector da hostalaría e a restauración afectados polo coronovirus neste municipio publicouse hoxe no boletín oficial da provincia da Coruña.


A finalidade destas axudas é promover e reactivar a actividade local que permita manter a actividade económica, o emprego e a dimensión competitiva do sector da restauración e hospedaxe para que poida afrontar as consecuencias derivadas do impacto xerado pola crise producida pola Covid-19.


Contías

O importe da subvención será do 100% do gasto corrente xustificado (IVE excluído) ata as seguintes contías:

  • Ata un máximo de 600 euros para aquelas persoas beneficiarias incluídas no apartado 2.º destas bases que conten con ata cinco persoas asalariadas. Para o cómputo de persoal asalariado inclúese ao propietario ou xerente do negocio, actividade ou sociedade, aínda que estea dado de alta no réxime de autónomos.

  • Ata un máximo de 1.000 euros para aquelas persoas beneficiarias incluídas no apartado 2.º destas bases que conten con entre seis e dez persoas asalariadas. Para o cómputo de persoal asalariado inclúese ao propietario ou xerente do negocio, actividade ou sociedade, aínda que estea dado de alta no réxime de autónomos.

  • Ata un máximo de 1.500 euros para aquelas persoas beneficiarias incluídas no apartado 2.º que conten con 11 ou máis persoas asalariadas. Para o cómputo de persoal asalariado inclúese ao propietario ou xerente do negocio, actividade ou sociedade, aínda que estea dado de alta no réxime de autónomos.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos. Xunto coa solicitude, deberá achegar, debidamente cuberto e asinado, o formulario normalizado dispoñible como anexo I da bases que se atopan na seguinte dirección: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/03/02/2021_0000001533.pdf

Deberá cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios. Presentarase a solicitude a través da sede electrónica do Concello do Pino (https://opino.sedelectronica.gal)


O prazo xeral de presentación de solicitudes iníciase ao día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña sendo de 20 días naturais, dende a data da súa publicación. Polo tanto, poden pedirse desde mañá.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page