top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Mañá, mércores, 24 realizarase un cribado en Toques

Están convocadas 480 persoas de entre 25 e 61 anos


O centro de sáude de Toques. Foto: Páxinas Galegas


Laura Moure/Toques

O Concello de Toques, a través da súa páxina web, informa que mañá, mércores 24, se levará a cabo un cribado para frear os casos de coronavirus. Cabe recordar que este municipio está no nivel máximo, polo que o venres non se permitirá aínda a mobilidade e a hostalaría non poderá abrir tampouco.


O cribado terá lugar no centro de saúde desta localidade. Están convocadas para realizar a proba un total de 480 persoas con idades comprendidas entre os 25 e os 61 anos. O horario para asistir á cita será desde as 15:45 ata as 19:45 horas.


Os destinatarios serán notificados previamente polos medios habituais, tal e como indica o Concello. Ata Toques acudirá un equipo de sete profesionais cualificados entre Persoal de xestión e Técnicos/as de enfermería, que realizarán o cribado coas medidas sanitarias oportunas.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page