As obras nesta última rúa implicarán cambios durante varias xornadas na entrada do alumnado usuario do transporte escolar do CEIP e contan ca autorización de Mobilidade
Laura Moure/Silleda
Dende este luns día 14 quedará pechado ao tráfico a interesección que forman as rúas Avenida da Estación, Progreso e Recinto Feiral, o que implica que non se poderá acceder a esta última dende o cruce.

Esta intersección está afectada polas obras de remodelación e mellora da rúa Progreso, que se centrarán a partir da vindeira semana nesta zona. Así mesmo, dende o luns quedará aberto ao tráfico o cruce da Progreso ca rúa Outeiro, podendo acceder a vía principal xa dende este último tramo.
Os traballos na intersección, que se prolongarán varias xornadas, obrigan a remodelar a circulación do transporte escolar do CEIP de Silleda. Así, e logo das conversas mantidas entre o centro, o Concello e a inspección de Educación, o alumnado usuario do transporte escolar accederá ao centro polo portal situado na parte traseira do edificio de Infantil.
Este cambio, que conta cas pertinentes autorizacións da Administración Autonómica, continuará mentres non se abra ao tráfico a citada intersección.
Comments