Mañá e o luns haberá cortes de tráfico en dúas estradas do municipio de Sobrado dos Monxes por obras
- ecosdacomarca
- 11 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
O Concello de Sobrado informa de que nos vindeiros días, se van realizar cortes de tráfico temporais en dúas estradas pola realización de obras.

En concreto, mañá, sábado 12 de novembro, de 9:00 a 19:00 horas haberá un corte na pista que vai desde o Mesón de Roade cara ó Cepo (Cumbraos). Neste caso, levaranse a cabo os traballos de aglomerado no firme.
E o luns, 14 de novembro, tamén de 9:00 a 19:00 horas estará cortada a pista que une Vilamor e Guisó (Cumbraos).
コメント