top of page

Mañá, día 28, acaba o prazo para anotarse nas Tardes Activas do Concello de Rodeiro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Estas darán comezo o 3 de xullo e estenderanse ata o 31 de agosto


Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro pon en marcha os Campamentos de Verán-Tardes Activas dirixidos á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e empadroados neste municipio. O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación que complementa o programa xa existente pola mañá durante os meses de xullo e agosto, para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Realizaranse actividades lúdicas e inclusivas, ademais de fomentar a educación en igualdade dende a infancia.

As actividades darán comezo o 3 de xullo e estenderanse ata o 31 de agosto. O horario será de 16:30 a 20:00h de luns a venres non festivos e terá lugar ns instalacións do CPI de Rodeiro.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Xa está aberto o prazo de inscrición ata mañá, 28 de xuño, incluído. Establécense un límite de 20 prazas diarias. O criterio de selección de menores participantes será por orde de rexistro de entrada da solicitude de inscrición ata completar as prazas. As actividades serán gratuítas.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Aqueles menores que xa participaron no programa Concilia só terán que presentar a solicitude debidamente cumplimentada e a documentación complementaria que non conste no seu expediente e que así se lle requira. Para recibir máis información das condicións da actividade e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar a través do teléfono 986 790 185 ou do correo electrónico: educadora@rodeiro.gal

Preme na imaxe para contactar connosco.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page