Mañá celebrarase o Festival de Nadal da Escola de Música de Silleda no Auditorio da Semana Verde
- ecosdacomarca
- 17 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Será en favor das persoas refuxiadas de Ucrania, polo que haberá un punto de recadación económica que se destinará ás familias do pobo ucraniano que residen no municipio
Laura Moure/Silleda

Mañá, domingo 18, celebrarase o Festival de Nadal da Escola de Música de Silleda (Emusi) no Auditorio da Semana Verde de Galicia. Será a partir das 17:30 horas. "Será unha pequena demostración do que os alumnos que acoden a clases na Escola de Música, aprenderon dende mediados de setembro que comezaron as clases", indican a escola de música.
Participará o alumnado de Música e Movemento, a Banda Infantil, a Aula de Música Tradicional, alumnos de Iniciación, a Banda Xuvenil e o coro de nenos da EMUSI
O Festival será en favor das persoas refuxiadas de Ucrania, polo que haberá un
punto de recadación económica que se destinará ás familias do pobo ucraniano que
residen en Silleda. Durante o festival farase o sorteo do baúl e dúas cestas de nadal.
Ao remante da audición haberá unha chocolotada para todo o alumnado da escola, organizada pola ANPA Musikiños da Escola de Música.
Comments