top of page

Mañá arranca o Campamento de Nadal do Programa Concilia de Silleda cunha nova empresa e novidades

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda inicia este luns 22 de decembro o Campamento de Nadal do Programa Concilia, que chega este ano cunha nova empresa adxudicataria e cun paquete de melloras deseñado para responder ás necesidades de conciliación detectadas pola Concellería e polas propias familias. A adxudicación obrigaba as empresas a presentar un proxecto técnico que permitiu avaliar de xeito comparado a compoñente pedagóxica, a

programación e as actividades propostas para facer máis atractivo o servizo. O importe do contrato é de 250.000 euros para os catro anos, correspondendo a cada anualidade un total de 62.500 euros.


“Este esforzo económico permitirá ofrecer o mellor dos servicios para as e os pequenos”, indica a alcaldesa Paula Fernández, que mantivo xunto ca concelleira de Educación e Igualdade, Ángela Troitiño, un encontro cas familias usuarias do servizo para explicar as

novidades.

A empresa gañadora, Osventos S.L., presentou o proxecto que acadou a maior puntuación técnica, cun modelo pedagóxico activo, participativo e inclusivo, con propostas motivadoras e un respecto absoluto polos ritmos individuais de cada neno e nena.


Entre as novidades de este novo contrato, o Concello destaca como elemento diferencial a incorporación de actividades de inmersión lingüística en inglés, integradas de maneira natural na rutina diaria do campamento e do programa: xogos, cancións, contos, dinámicas participativas, apoios visuais e consignas sinxelas adaptadas a cada idade. “O obxectivo é que as crianzas gañen confianza e oído nunha contorna lúdica e motivadora, sen converter o servizo nunha “clase” tradicional”, di a alcaldesa

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O novo contrato permite reforzar a conciliación con máis cobertura horaria, sen incremento de custes para as familias usuarias. O horario ampliase nunha hora diaria todas as tardes ao longo do ano e nas vacacións de verán, mentras que no nadal o campamento será de día completo, equiparándose ao formato do verán, e mantense a xornada dobre tamén en Entroido e Semana Santa. Ademáis, tamen como novidade o Programa Concilia establece un máximo ordinario de 50 prazas, pero nos campamentos de Nadal e verán poderá

ampliarse ata 100, atendendo aos picos de demanda e facilitando o acceso a máis familias neses períodos.


O novo contrato reforza tamén as esixencias de calidade do equipo humano: a coordinación e o monitorado deben contar con titulacións específicas, e o proxecto incorpora o requisito de nivel B1-B2 de inglés no equipo. Así o luns ademais da coordinadora do servicio, o personal que atendrrá aos nenos e nenas serán 2 graduadas e 1 técnica en Educación Infantil pola USC, con B2 de inglés, e unha monitoria de tempo libre.


O contrato inclúe unha medida específica para asegurar que sempre teña un ratio de monitores a pesar das posibles baixas medicas ou ausencias imprevistas cunha bolsa de persoal xa formado e con dispoñibilidade inmediata, evitando interrupcións no servizo e mantendo a calidade e as ratios. A alcaldesa salienta que Concilia Silleda é unha prolongación complementaria do proceso educativo regrado, pero cun enfoque non formal, baseado na aprendizaxe a través do xogo, a experimentación e a participación activa. “É un espazo para pasalo ben, favorecer o desenvolvemento integral, a autoestima, a convivencia e a adquisición de habilidades sociais e persoais”, sinala Ángela Troitiño.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Como ata agora, o servizo manterá o acompañamento ás actividades extraescolares municipais, como a Escola de Música ou actividades das escolas deportivas, garantindo a compatibilidade do Programa Concilia coa oferta de actividades do Concello.


O Concello de Silleda anima ás familias a participar neste Campamento de Nadal, no que ainda quedan prazas libres, e que arranca o luns cunha programación renovada e cunha aposta clara por un modelo educativo máis atractivo, inclusivo e centrado na conciliación, coa inmersión en inglés como gran novidade desta edición.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page