top of page

Música, teatro, arte e baile tradicional centran a programación cultural de maio en Silleda

Álvaro Iglesias Trío actuará na Bandeira o 21 e o 22 Ibuprofeno Teatro presenta O mel non caduca e Dezarte, Azaloira, Voces de Carboeiro e actividades con motivo das Letras na biblioteca completan o programa


Laura Moure/Silleda

A programación cultural de Silleda, que arracou este domingo co exitoso monólogo de Luis Zahera, continuará ao longo do mes de maio con distintas propostas. Así, este sábado día 7 celebrarase a vixésimo edición do certame de baile tradicional Azaloira, que organiza Fortín da Pomba (18:00 horas praza Juan Salgueiro da Bandeira).


O baile tradicional tamén volverá a ser protagonista o sábado 14 da man da mostra infantil de Xirandola, que terá lugar ás 18:00 horas no auditorio Manuel Dopazo.


Tamén este sábado día 7 celébrase unha nova edición da Ruta Cabalar que organiza pola zona do Candán que organizan os Cabaleiros de Regadío, e ca que colabora o Concello de Silleda.

Títeres en Silleda. Foto arquivo.

O mércores día 11 quedará aberta ao público na praza da igrexa de Silleda a exposición Pontevedra e América. Unha mirada en feminino, que chega da man da Deputación de Pontevedra recollendo a experiencia vital de 13 mulleres, entre as que figura a silledense Elena Colmeiro, co tempo vivido en Pontevedra e na América como nexo de unión. A apertura será ás 18:30 horas e a continuación celebrarse unha conferencia homenaxe na

Casa da Xuventude.


A arte será protagonista de novo co certame Dezarte, que organiza a Asociación Cultural Vista Alegre, e que se inaugura o luns 16 ás 20:00 horas, ca participación de distintos artistas da comarca. Co certame arrancará tamén a Semana Cultural do colectivo Vista Alegre.


O mércores 18, na biblioteca municipal Daniel Castelao, celebrarase para o público máis novo a actividade Aprende a facer o teu propio libro, un obradoiro que dirixirá Estefanía Padullés e que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, no marco do programa Ler conta Moito.


Contrabaixo galego

A música chega ao mes das letras da man de Álvaro Iglesias Trío, o grupo liderado polo prestixioso contrabaixista, con raíces en Silleda, que actuará no auditorio Manuel Dopazo o sábado 21 ás 20:00 horas. A mestura de son contemporáneo ca tradición que realiza Iglesias, ao que acompañarán sobre o escenario Xosé Liz (guitarra acústica, bouzouki,

mandolina e frauta) e Luís Peixoto (mandolina, zanfona e bouzouki), convertiráse nun espectáculo único do contrabaixista que ten xa publicados varios traballos. Iglesias, cunha que actuou con Carlos Nuñez, Pancho Varela ou Rodrígo Romaní, entre outros, formou parte de bandas coma Tres, Faltriqueira, e colabora con bandas como Son de Seu, Arán ou Ardentía.

As entradas para desfrutar deste concerto estarán á venda estes días no Concello de Silleda e no auditorio da Bandeira a un prezo de 10 euros, se ben tamén se poden mercar na web de Álvaro Iglesias.


O mel non caduca

O domingo 22, tamén no auditorio Dopazo, ás 19:00 horas o teatro galego volta á escena silledense da man de Ibuprofeno Teatro, ca obra O mel non caduca. Avelino González e Marián Bañobre, dous dos mellores actores da escenografía galega, suben ao escenario dirixidos por Santiago Cortegoso nesta comedia que viaxará ao futuro. A cita será ás 19:00 horas, con entrada de balde.


A programación cultural de maio rematará o sábado 28 ca novena edición do festival Voces de Carboeiro, que organiza no mosteiro o Coro Vales Mahía. O recital será ás 17:00 horas no mosteiro, ca actuación do grupo anfitrión e as agrupacións, Son dos Cantares, e Rondalla Santa Uxía de Mandiá.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page