top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda vivirá un Día da Música de película o vindeiro sábado 24 na Carballeira das Pedrosas

Haberá un concerto didáctico, cea de irmandade e o cómico Jesús Arenas actuará xunto ca Banda do espectáculo “No te montes películas”


Laura Moure/Silleda

O Día da Música volta a Silleda co cine como protagonista, nunha xornada con diferentes actividades que continúan a aposta dinamizadora da Escola de Música Municipal de Silleda e a Banda Municipal de Silleda.


O director desta última, Rafa Agulló, presentou este sábado xunto co presidente da Banda, Herminio Gómez, e a concelleira de Cultura en funcións, Mónica González, o programa dunha cita que ten como obxectivo socializar, compartir, educar e enriquecer musicalmente tanto alumnos, como pais, socios e veciñanza en xeral.

A cita volve estruturarse en varios bloques, con actividades de carácter máis pedagóxico pola mañá, os concertos centrais e outras cun aspecto máis lúdico como a cea de confraternidade e outros espectáculos xa pola noite.


A cita comezará ás 11:00 horas co Pasarrúas pola vila ao que seguirán xogos e obradoiros musicais para os máis cativos.


Ás 12:45 horaw terá lugar tamén na Carballeira a promoción e degustación ofertada pola Festa do Lacón, que volta o vindeiro 7 de xullo.


Ás 13:15 horas terá lugar o concerto didáctivo protagonizado polas Banda Infantil e a Xuvenil de Silleda, baixo o lema “Os xéneros cinematográficos”.


Despois do xantar na Carballeira, ás 17:45 horas chegará o Festival de Fin de curso da EMUSI, co título “A mellor BSO de animación da historia”, no que reparán clásicos deste xénero cinematográfico.


Actuación central

E ás 19:30 horas chegará o concerto central, a cargo da Banda de Música Municipal de Silleda ca participación do humorísta e músico manchego Jesús Arenas (Albacete, 1986). O artista, que ten participado en prestixiosos certames, compartirá ca formación silledense un dos seus espectáculos para bandas, baixo o lema “No te montes películas”.


O remate da xornada chegará ca cea de confraternidade, para a que se poñerán á venda as entradas a partir do vindeiro martes na sede da Escola de Música, e á medianoite o Conxuro da Queimada e actuación da charanga BB+, pechando cunha verbena a cargo de DJ Sanse.

Dende a organización, Rafa Agulló e Herminio Gómez agradeceron  a colaboración do Concello de Silleda, a Deputación de Pontevedra,  Fundación Semana Verde, a Festa do Lacón de Silleda, Anpa Musiquiños e Asociación de Amigos da Banda a súa colaboración co Día da Música, na que se conmemora a data instaurada en Francia en 1982, celebrando o día internacional desta arte o 21 de xuño.


Dende a formación silledense elixese cada ano unha temática para conmemorar esta efeméride resaltando os valores da música como linguaxe universal.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page