Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Música, actividades infantís, teatro e xogos tradicionais centran o programa de Nadal de Silleda

Son preto de 30 propostas, pero que dada a situación sociosanitaria, o programa poderá variar en función das condicións que se vaian dando


Laura Moure/Silleda

A programación de Nadal 2021-2022 en Silleda contará este ano con preto de 30 actividades dende decembro e ata o 8 de xaneiro. Concertos, teatro, xogos tradicionais, e clásicos como a visita de Papa Noel, carreira de San Silvestre e a Cabalgata de Reis voltan á programación silledense. O programa foi pechado nos últimos días, pero as actividades previstas –sobre todo no caso das máis concorridas- poderán sufrir variacións en función de como evolucione a situación sanitaria ca pandemia.


As propostas arrancan coa campaña organizada polo colectivo de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS), na que tamén colabora o Concello de Silleda. O 1 de decembro comezarán os sorteos diarios de premios, a modo de Calendario de Advento, que se prolongarán ata o 24 de decembro. O sorteo desta última xornada será o día 26.


O venres 3 celebrarase no auditorio da Casa da Cultura o coloquio protagonizado pola artista e ilustradora Raquel Riba Rossi, creadora da saga Lola Vendetta, baixo o lema “Máis Vale Soa”, organizado dende o departamento de Igualdade. A cita será ás 18:00 horas.


O venres día 10 abrirase ao público no Centro Cultural Vista Alegre o Belén Tradicional e o sábado 11, tamén na Bandeira terá lugar o concerto de Santa Icía da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, protagonizado este ano por clásicos de compositores rusos (20:00 horas auditorio Dopazo).


O venres 17 arranca o concurso de decoración #SilledaFaiNadal, para o que xa están abertas as inscricións ata o 10 de decembro. Tamén na xornada do 17 terá lugar a VI Feira da Alegría, o mercadiño solidario do CEIP Plurilíngüe de Silleda, que se celebrará durante a mañá na praza Juan Salgueiro de Silleda. A xornada rematará coa representación da obra teatral “Rosalía”, a proposta de Culturactiva que narra a infancia da autora de Cantares Gallegos. A cita, do programa Nadal en Rede, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, será ás 18:00 horas no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira.