As persoas que queiran asistir deben anotarse previamente
Laura Moure/Lalín
O Círculo de Recreo Casino de Lalín acollerá este sábado, día 29, pola tarde ao aire libre unha mostra de danza a cargo da Asociación Sociocultural Máisquedanza. Será ás 18:00 horas. Actuarán cinco grupos de danza moderna e fusión "que veñen con moitas ganas despois de tanto tempo sen aparecer en escena", apunta Maisquedanza. E ás 20:00 horas o Benxamín Otero e Yolanda Ogando e Marta Maceira terán unha conversa do máis interesante entre a música de Otero e a danza destas dúas bailarinas, "creada por e para o disfrute do público buscando algo novo, minimalista e contemporáneo", sinala a asociación.
As persoas que queiran desfrutar do espectáculo en butaca deben reservar asento no correo electrónico circulo.correo.lalin@gmail.com, indicando a hora á que queren asistir e o número de reservas e seguiranse todas as medidas de prevención sanitaria, sempre con máscara e mantendo a distancia.
Maceira, Otero e Ogando tras unha entrevista en Radio Lalín.
Comments