top of page

Máis dunha trintena de persoas asiste ás xornadas sobre soberanía alimentaria e enerxética en Antas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta iniciativa foi organizada pola Alternativa Veciñal de Antas de Ulla


Laura Moure/Antas de Ulla

O pasado sábado tivo lugar en Antas de Ulla a II xornada temática impulsada pola formación local Alternativa Veciñal de Antas de Ulla (AVA). Despois de celebrar no ano 2021 un faladoiro focalizado nas características demográficas actuais do interior de Galicia, así como nos diferentes modelos de coidados da terceira idade que se poderían desenvolver dende o ámbito institucional, desta volta os temas centrais foron a soberanía alimentaria e a soberanía enerxética.

No encontro, ao que asistiron máis dunha trintena de persoas, interviñeron Jaime Izquierdo

(Comisionado para o Reto Demográfico no Principado de Asturias), Raquel Fernández (Amigas da Terra), Uxío Lorenzana (Observatorio Enerxético de Chantada), Iván Rodríguez (Sindicato Labrego Galego), Juan Pedro Morcillo (Pazo de Vilane) e Ana Corredoira (As Vacas da Ulloa).


Entre as persoas convidadas había diferentes procedencias: da administración, do sindicalismo e dos movementos sociais, da empresa privada e do cooperativismo. Apuntan dende AVA que a idea era ofrecer unha perspectiva ampla con propostas e visións chegadas dende diferentes eidos, “porque entendemos que os cambios estruturais que se teñen que dar no futuro inmediato arredor de dúas cuestións centrais como son a alimentación e a enerxía han de contar de xeito obrigado coa participación, implicación e aportes de toda a sociedade”.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende AVA dan por conseguido un dos obxectivos que tiñan a comezo de lexislatura de

achegar ao rural xornadas temáticas e formativas que pivotaran arredor de temas sobre os que é necesario reflexionar dende o local. Máis alá da xornada temática tamén tivo lugar, con anterioridade ao comezo da conversa, unha reunión da Coordinadora de Por Un Interior Galego Vivo, na que participaron representantes de diferentes candidaturas locais e na que se acordou seguir avanzando no camiño cara as eleccións municipais do vindeiro ano.


NOTICIA RELACIONADA:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page