top of page

Máis dunha ducia de persoas asiste á primeira reunión para dinamizar o viveiro de empresas de Silleda

A partir de setembro realizaranse sesións de formación sobre xestión de redes sociais, posicionamento web e estratexias de marketing e comunicación


Laura Moure/Silleda

Máis dunha ducia de persoas participaron este luns 22 de xullo na reunión para comezar a deseñar o plan de dinamización do Viveiro municipal de empresas, que se quere por en

marcha antes de rematar o ano, froito do convenio de colaboración entre o Concello de Silleda e a Fundación Roberto Rivas. A reunión estivo presidida pola alcaldesa e responsable municipal de Promoción Económica, Paula Fernández, e pola directora da Fundación Roberto Rivas, Olga Rivas.

Paula Fernández puxo en valor a figura e o legado de D. Roberto Rivas, que agora continúa en Silleda a través da fundación que leva o seu nome. No encontro recolléronse as opinións dos representantes do tecido comercial e empresarial de cara a establecer, a partir do mes de setembro, un ciclo de formación con varias sesións. Nesta primeira sesión, algunhas das propostas das persoas asistentes están relacionadas coa xestión das redes sociais, posicionamento web e as estratexias de márketing e de comunicación.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

A esta primeira reunión tamén asistiron directivos de ECOS, da Asociación de Empresarios de Área 33 e da Asociación de Empresarios do Deza. Entre os apartados que recolle o convenio asinado polo Concello e a Fundación Roberto Rivas figura a dinamización do tecido socioeconómico do municipio, potenciando o viveiro municipal de empresas.


O obxectivo e fomentar o emprendemento e a creación de novas empresas, así como a promoción de accións que axuden á consecución da Axenda 2030 no municipio.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page