O recinto feiral de Dozón acolleu a XVIII Festa da carne ao caldeiro e bola con torresmo
Ecos da Comarca/Dozón

A Gouxa, en Dozón, estivo este domingo de celebración xa que tivo lugar XXVIII Festa da carne ao caldeiro e bola con torresmo. O bo tempo e as ganas de pasalo ben fixeron que moita xente se acercase a desfrutar destes manxares.
Publicidade
"O día non puido vir mellor e a Festa da carne ao caldeiro e bola con torresmos da Gouxa resultou un éxito. Máis dun milleiro de persoas degustou gratuitamente arredor de 300 quilogramos de torresmos, con pan e viño, no recinto feiral da Gouxa. Tampouco faltaron a música, coa charanga Leña Verde, nin os postos de artesanía", sinala o Concello de Dozón.
Publicidade
Comments