top of page

Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta "por criminalizar a sociedade civil"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Esixen á Xunta a retirada do documento porque vulnera os principios de neutralidade e obxectividade da administración, sendo absolutamente tendencioso


Ecos da Comarca/Xeral

Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarias do mar veñen de denunciar publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030” que lanzou este mes a Xunta de Galicia. Censuran a visión totalmente tendenciosa do documento que criminaliza os colectivos que veñen sacando á luz as ilegalidades do sector mineiro.

Para as entidades asinantes, a Axenda evidencia a captura total da Xunta polo lobby mineiro e desacredita a Administración ao vulnerar os principios de neutralidade e obxectividade, polo que esixen a súa retirada inmediata.


Ao longo do documento, noméase repetidamente o “ecoloxismo radical” e o “forte activismo das asociacións ecoloxistas” ou a “utilización da minaría como arma en Galicia” como “ameaza”, mentres se critica a existencia dunha “mobilización social promovida por grupos con intereses moi distintos aos intereses locais e do entorno”, en alusión aos colectivos sociais opostos a determinados proxectos ambientalmente nocivos. Se ben a Axenda indica que para a súa elaboración se mantiveron reunións e entrevistas con representantes de “asociacións ambientalistas”, ningunha das entidades que veñen de censurar o documento participou.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Para os colectivos sociais, a adopción da Axenda Mineira pola Xunta é un ataque frontal ao

estado de dereito, pois parte de que a participación social e a cidadanía ambiental activa

son unha ameaza para a sociedade. Ao presentar como un problema serio os colectivos

ecoloxistas, veciñais, agrarios e do mar que veñen denunciando as ilegalidades das

empresas mineiras e da propia Xunta, preténdese claramente socavar a súa lexitimidade e

apoio social criminalizándoos.


"Pola contra, a Axenda omite o impacto ambiental que causan as mineiras, con ducias de

expedientes sancionadores afectando tanto á minaría metálica en casos como os Touro,

San Finx, Penouta ou Varilongo como a explotacións de lousa, minerais industriais, caliza

ou áridos. Boa parte destas ilegalidades saen á luz e acaban por ser sancionadas

precisamente pola denuncia de colectivos sociais, ante a pasividade e cumplicidade da

Administración galega, que agora califica estes colectivos como unha grande “ameaza”. O lanzamento da Axenda e esta criminalización da oposición a determinados proxectos

mineiros dase precisamente nun contexto no que tanto as empresas mineiras como o propio lobby veñen utilizando cada vez máis o ‘lawfare’ e as accións estratéxicas contra a

participación pública (“SLAPP”, nas súas siglas en inglés) para tentar desmobilizar os

colectivos sociais mediante o acoso xudicial".


Os colectivos asinantes denuncian este tipo de prácticas utilizadas en casos como os da canteira de Cementos Cosmos en Triacastela, as minas de San Finx e Varilongo ou, recentemente, pola propia Cámara oficial Mineira.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Inxección de fondos públicos e promoción da enxeñaría social

A Axenda desprega un plan meticuloso para influir nas percepcións sociais da minaría,

ocultando as súas negatividades e presentando unha imaxe irreal, centrándose sobre todo

nas máis cativas. Así, contempla unha “campaña divulgativa nos centros educativos” e a

promoción do lavado de cara verde a través do portal de propaganda “Minaría Sostible de

Galicia” da Cámara Oficial Mineira. Con estas accións, que tamén inclúen o lanzamento dun “distintivo de sustentabilidade”, a Xunta pretende precisamente desarticular a oposición social procurando silencio frente as ilegalidades do sector".


A estratexia tamén contempla "unha inxección de fondos públicos sen precedentes ao lobby mineiro, encabezado pola Cámara Oficial Mineira, e que xa recibiu millóns de euros para accións de lavado de cara verde nos últimos anos". Desde os colectivos asinantes,

demandan que, pola contra, estes fondos se dediquen a fortalecer a capacidade e profesionalidade dos distintos servizos de inspección e control do sector mineiro e á

restauración das numerosas explotacións abandonadas que supoñen un risco para a saúde das persoas e dos ecosistemas.


Entidades asinantes:

1. A de Rousmeri

2. A Jalleira - Asociación forestal e de educación ambiental

3. A Quenlla

4. A Rente do Chan-PLADEVER

5. A Ría Non se Vende

6. Afectad@s pola Mina de San Acisclo en Muras

7. Amigas da Terra

8. Amigas das Árbores de Ourense

9. Arabías Soc. Cooperativa Galega

10. Asociación A Lama Vive

11. Asociación Alarma na Terra de Montes

12. Asociación Ambiental Contramínate

13. Asociación Ambiental e Cultural Tralapena

14. Asociación Amigas das Cegoñas

15. Asociación APEOM

16. Asociación Asemblea do Suído

17. Asociación Avoar

18. Asociación Axóuxere Editora

19. Asociación Cheiros NON

20. Asociación Cívico Cultural Terra de Outes

21. Asociación Cultural Canle de Lira

22. Asociación Cultural Bubela de Abuín

23. Asociación Cultural Charanga Tabernícolas do Leiradal

24. Asociación Cultural, Deportiva e Cultural Treze Catorze, de Salceda de Caselas

25. Asociación Cultural Fuco Buxán

26. Asociación Cultural Liceo Mutante

27. Asociación Cultural Lucerna

28. Asociación Cultural Vagalumes da Estrada

29. Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra

30. Asociación de Afectados polas Canteiras de Budiño

31. Asociación de Amigos da Dorna Meca

32. Asociación de Crianza Respetuosa Xoaniñas

33. Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro

34. Asociación de Indignados de Gestoso

35. Asociación de Productores de Mexillón da Pobra do Caramiñal

36. Asociación de Productores de Mexillón de Vilaxoán

37. Asociación de Veciños San Vicente de Niveiro

38. Asociación Eco-social, Cultural e Medioambiental Boca de Sapo

39. Asociación Ecoloxista Arco Iris

40. Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

41. Asociación Fixing

42. Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ACOUGA

43. Asociación Medioambiental e Cultural A Pedra que Fala

44. Asociación Nove Refachos

45. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)

46. Asociacion pola defensa da Ría de Pontevedra (APDR)

47. Asociación Ridimoas

48. Asociación Sachos á Rúa

49. Asociación Touda

50. Asociación Turístico Comarcal Ría de Muros e Noia

51. Asociación Veciñal de Lentille

52. Asociación Veciñal Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo

53. Asociación Verdegaia

54. Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo

55. Ateneo Libertario Pontevedra

56. BerXallas Minaría Destrutiva Non

57. Brexa, Asociación de Custodia do Territorio

58. Biblioteca Maravilhas

59. Central Unitaria de Traballadoras - CUT Galiza

60. Centro de Saberes para a Sustentabilidade

61. Centro Social A Gentalha do Pichel

62. Centro Social A Pedreira

63. Centro Social Mádia Leva

64. Centro Social Fuscalho

65. Colectivo Agrocuir da Ulloa

66. Colectivo Arroutada

67. Colectivo ArteLixo

68. Colectivo Berro Seco na Defensa dos Dereitos e Liberdades

69. Colectivo Capitán Gosende

70. Colectivo O Suído

71. Comisión contra as Minas na Terra Chá

72. Confederación Nacional do Traballo - CNT Galiza

73. Confraría de Pescadores de Noia

74. Confraría de Pescadores de Portosín

75. Cornado Mina Non

76. Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

77. CSA Casa Colorida

78. Ecoloxistas en Acción

79. Federación Ecoloxista Galega

80. Federación Rural Galega (FRUGA)

81. Fridays for Future Santiago

82. Fundação Montescola

83. Greenpeace

84. Instituto Resiliencia

85. Movemento Galego polo Clima


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

86. Naturgalicia

87. Organización Galega de Comunidades de Montes

88. Plademar Muros-Noia

89. Plataforma anti-minas de Mesía

90. Plataforma Casalonga limpa de residuos

91. Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Fins

92. Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago

93. Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega

94. Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)

95. Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza

96. Plataforma Oro No

97. Plataforma pola Defensa do Monte Neme

98. Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre

99. Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro

100. Plataforma pola Recuperación do Sar

101. Plataforma Quixote de Outes

102. Plataforma SOS Suído-Seixo / Minas Albertas Non

103. Plataforma Turonio pola Defensa do Territorio

104. Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino Non

105. Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo

106. Rompamfilas Coletivo Antimilitarista

107. Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo

108. Salvemos a Comarca de Ordes

109. Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas

110. Sinha PACA Plataforma de Activistas Culturais e Artistas

111. Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

112. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins

113. SOS Encrobas

114. Tarabelada Asociación Medioambiental e Cultural

115. The Foundry

116. Zuleiro Grupo de Consumo


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page