Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Membros da organización do Trail Da Carixa presentaron esta semana na Praza do Concello de Vila de Cruces a que será xa a cuarta edición. Na mesma estiveron presentes patrocinadores, autoridades do Concello e directiva da proba.

Este ano como é característico nas probas que veñen da man do GTR-Galaico Trail Run terán sorpresas que só se verán o mesmo día da proba. Esta edición o peque trail xa está marcando o ritmo de inscricións o cal nos indica que é unha proba con solvencia e que @s pequen@s lles agrada. Unha proba que terá comezo ás 11:00 horas do sábado, día 9 de setembro. Con distancias esquío, corzo e xabarín de 200m, 500m e 3.000m respectivamente.
"O domingo contaremos coa xa mítica proba de 20 qm con 1.000 positivos a cal terá saída na praia fluvial da Carixa que tamen será realizada polos velocistas de relevos os cales disputarán o primer tramo ata pasar pola Carixa un/ha corredor/a e outro/a a segunda metade que transcurrirá pola Fervenza do Toxa e dando paso o mirador da Carixa o cal conta co premio dunha comida para dúas persoas a foto máisorixinal da proba, trascurrido a carón do castro e pola zona ata a praia fluvial pasando pola aldea de Merza", explica a organización.
Publicidade
O segundo tramo trascorre polo sendeiro antiguo que levaba ao mosteiro ata topar con el "o cal poderemos realizar a proba polo seu interior desfrutando do mesmo, logo realizarase o ascenso ao cumio do monte preto da Peneda de Espiñeira baixando ata cruzar o Río Deza e e realizando outra das míticas subidas ata o Poboado Mineiro onde se atoparán cos últimos 4 qm a meta de pura baixada rodeados de soutos carballeiras ata a chegada de volta a Carixa. No cal nos deleita coa súas tradicionais post-carreira que contará con Empanada, tortillas, callos queixos con marmelo, cerveza, auga...".
Publicidade
"Só nos cabe dar as grazas a todolos patrocinadores como son Profecon-Profecar, Queixos Anzuxao, Casa Don-Din, Restaurante Esgalla, Bar Galicia, Suministros Pampín, Panadería Altamira, Panadería Mazás, Panadería González, Panadería Leveda, supermercados Más, Bar Rufino, Bar Refuxio librería Susana, Grúas Forte, Hitraf, Rg-bike, Fisioterapia Heia, Restaurante a Robleda, Casa Sanmartín, Artes Gráficas Pegatinas e Arlit artes Gráficas. E como non o agradecemento o noso segredo mellor gardado, que son o números batallón de voluntarios que fan que sexa unha gran finde semana".
Yorumlar