Máis de mil rapaces de 12 centros de Deza competiron na fase zonal de cros Terras do Deza do programa Xogade
- Laura Moure
- 30 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Está organizada polo servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra e a Agrupación Deportiva Escolar O Pino
Laura Moure/Deza
A fase zonal de cros Terra do Deza do programa Xogade, organizada polo servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra e a Agrupación Deportiva Escolar O Pino, volveu un ano máis ao recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda. Este evento deportivo, co que se pretende fomentar a actividade física e a relación entre os rapaces da zona, contou coa participación de 1.076 alumnos e alumnas de primaria e secundaria de doce centros educativos da comarca.

Estes foron o CPR Plurilingüe María Inmaculada, o IES Pintor Colmeiro e o CEIP Plurilingüe, de Silleda; o CEIP Ramón de Valenzuela, de Bandeira; o CPI Plurilingüe de Rodeiro, o CEIP Nosa Señora da Piedade e o CEIP Cerdeiriñas, de Vila de Cruces; o CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza, de Vilatuxe; e o IES Laxeiro, o CEIP Plurilingüe Varela Buxán, o CEIP Manuel Rivero e o IES Ramón María Aller Ulloa, de Lalín.
Publicidade
Esta competición, que é clasificatoria para o Campionato Provincial, incluíu categoría benxamín (2º e 3º de primaria), no cal correron 450 metros; alevín (4º e 5º de primaria), con distancias de 900 metros; infantil (6º de primaria e primeiro de ESO), correndo 1.350 metros; e cadete (2º e 3º de ESO), cunha distancia de 1.800 metros.
Publicidade
Os cinco primeiros postos de cada unha das carreiras clasificáronse para o campionato provincial individual, mentres que a mellor clase de cada un dos cursos, clasificáronse para o provincial de centros escolares.
Resultados:
留言