top of page

Máis de 800.000 euros serán invertidos en varias obras no Camiño de Santiago ao seu paso por Palas


Laura Moure/Palas de Rei

Palas de Rei implícase co Camiño de Santiago. Este Concello da Ulloa acadou diversos proxectos en materia de obras públicas valorados no seu conxunto en máis de 800.000 euros en diferentes actuacións no Camiño Francés e no Camiño Primitivo, segundo informa o rexedor palense, Pablo Taboada.


“A Xunta de Galicia invertirá máis de 350.000 euros no albergue de peregrinos do centro da vila. Estas obras xa adxudicadas comenzarán nos vindeiros días. Tamén a Xunta, desenvolverá pequenas obras de reforma e mellora nos diferentes albergues ubicados no concello, concretamente no Mato-Casanova, nos Chacotes e Seixas en Merlán", indica o rexedor. Así mesmo, tamén se realizarán obras de mellora en espazos públicos, na parroquia de San Xulian do Camiño a través do 1% cultural e que se traduce nunha inversión de máis de 300.000 euros, así como realizaranse obras de embelecemento e mellora no acceso do Camiño Francés á igrexa de Vilar de Donas cunha inversión de

33.000 euros. Tamén se acometerán obras de embelezamento e posta en valor de varios puntos no Camiño tanto Francés como Primitivo", apunta Taboada á vez que destaca "o importante esforzo económico que está a realizar nestes Anos Santos (2021-2022) para potenciar os recursos turísticos no municipio.”

O conselleiro Alfonso Rueda e o alcalde de Palas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page