Foron distinguidos José Iglesias Diéguez de 99 anos e Consuelo Gómez Iglesias, de 97
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Máis de 500 persoas asistiron este mércores á XXXI Xuntanza dos Maiores de Vila de Cruces que tivo lugar nas Ínsuas de Gres. Tal e como informa o Concello tivo lugar un sorteo de seis cestas de alimentación mercadas no comercio local.
Publicidade
A xuntanza foi marabillosa e como cada edición fáiselle un recollecemento ao home e á muller de maior idade. Neste caso, foron agasallados cun reloxo de pulseira e un ramo de flores: José Iglesias Diéguez, 99 anos, da parroquia de Ínsua, que ten 6 fillos, 11 netos e 4 bisnetos e Consuelo Gómez Iglesias, de 97 anos, da parroquia de Camanzo, que ten 2 fillos, 4 netos e 3 bisnetos!
Publicidade
"Foi unha extraordinaria xornada de convivencia nas Ínsuas de Gres", sinala o Concello.
Comments