Máis de 400 estudantes participaron no Corremelide
- ecosdacomarca
- 20 may 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide

Varias rúas do casco urbano de Melide pecharon ao tráfico ao longo da mañá de onte. O motivo unha gran cita: o Corremelide.
"Hoxe Corremelide con máis de 400 estudantes do IES e de todos os colexios correndo polo casco histórico de Melide. Gran organización do IES e o Concello de Melide colabora con todo o seu persoal de deportes. Deporte máis deporte", sinalou onte o edil de Deportes, José Antonio Prado.

O alumnado deu o mellor de si e houbo premios para as distintas categorías.

Comments