top of page

Máis de 200 persoas demandan en Antas "unha asistencia sanitaria digna e de calidade"

Piden que se cubra a praza do médico xubilado e que se cumpra o compromiso da Xunta de construír unha novo ambulatorio


Laura Moure/IsmaelRS/Antas de Ulla

Máis de 200 persoas concentráronse este mércores, día de feira, diante do centro de saúde da localidade para demandar "unha asistencia sanitaria digna e de calidade". “Os concellos do rural temos os mesmos dereitos que os demais”, sostén a alcaldesa, Pilar García Porto. Piden tamén o cumprimento do compromiso adquirido de construír un novo centro de saúde, un anuncio da Xunta en campaña electoral que está estancado" (https://www.ecosdacomarca.com/post/a-xunta-licita-a-redacci%C3%B3n-do-proxecto-de-construci%C3%B3n-do-novo-centro-de-sa%C3%BAde-de-antas-de-ulla).


Os veciños e veciñas acudiron á chamada do concello e da súa alcaldesa, Pilar García Porto, que o mes pasado demandoulle por carta ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, “que cubra a praza do médico xubilado no centro de saúde”, ademais de pedirlle información “sobre a construción do novo centro de saúde comprometido pola Xunta de Galicia en campaña electoral”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

A carta enviouse o pasado 21 de xuño e, ante a ausencia de resposta, a alcaldesa convocou a todos os veciños e veciñas do Concello de Antas de Ulla á concentración. “Os concellos do rural temos os mesmos dereitos que os demais e necesitamos uns servizos públicos de calidade para frear a despoboación”, asegurou a mandataria. “Coa saúde non se pode xogar”, afirmou.



García Porto pídelle ao conselleiro “a súa urxente intervención nun asunto de vital importancia, xa que esta ausencia dun profesional sanitario está a xerar serias dificultades para prestar a atención médica necesaria, especialmente aos nosos maiores, que requiren unha atención constante e especializada”. “Actualmente a doutora que atende o centro de atención primaria traballa pola mañá e varios días á semana reforza con traballo tamén en xornada de tarde”.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

O feito de contar cunha única doutora “xa ocasionou que a nosa veciñanza quedara sen atención médica no seu centro, e esta situación verase agravada nos períodos de vacacións ou de ausencia por calquera outro motivo da doutora”.


ECOS DA COMARCA estivemos alí. ADIANTE VÍDEO:



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page