top of page

Máis de 200 persoas asistiron a gran churrascada popular da parroquia de Amoexa, en Antas de Ulla

Foron tres días de festexos na honra á Virxe do Rosario


Laura Moure/IsmaelRS/Antas de Ulla

Os asistentes á Gran Churrascada en Amoexa. Autor: Ecos da Comarca.

Hai unha semana ECOS DA COMARCA estivemos en Amoexa (Antas de Ulla) desfrutando do seu primeiro día de festexos na honra á Virxe do Rosario. Estes foron inaugurados o venres pola noite cunha gran churrascada popular na que ademais de churrasco tamén houbo lacón cocido, preparado ao estilo "polbo á feira", con pimentón. Xuntarónse unhas 200 persoas tanto do concello de Antas como doutros limítrofes e o ritmo musical púxoo o grupo Eureka.


Publicidade

Nós falamos coa Carlos, encargado de facer o churrasco; con Natalia e Alberto, membros da comisión de festas; con dous dos integrantes do grupo Eureka e con máis dun comensal que nos contou como estaba indo a velada! Todo o que nos contaron no vídeo:

Os festexos continuaron ao longo de toda a fin de semana con moita música. Nós contamos estar de novo alí o vindeiro ano! E vós?


Publicidade


0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page