top of page
Foto del escritorLaura Moure

Máis de 2,2 millóns de galegos están chamados hoxe a votar nas Eleccións ao Parlamento de Galicia

Hai preto de 4.000 mesas repartidas por arredor de 2.400 locais electorais


Laura Moure/Xeral

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou este sábado o centro de prensa dende onde hoxe se difundirán os resultados das Eleccións ao Parlamento de Galicia, nas que están chamados a votar máis de 2,2 millóns de galegos, nas 3.951 mesas distribuídas polos 2.346 locais electorais. 

Precisamente, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, será quen se encargará de comparecer ante aos medios de comunicación. Está previsto que ao longo deste domingo se produzan catro comparecencias. A primeira ás 10:30 horas para dar conta da apertura de mesas e posibles incidencias; outras dúas para trasladar os avances de participación, ás 12:30 e ás 17:30; e outra máis unha vez o reconto estea avanzando para informar dos resultados provisionais do escrutinio, a partir das 21:30 horas. 


Publicidade

O censo electoral para estas eleccións ao Parlamento galego ascende a 2.693.633 persoas xa que aos máis de 2,2 millóns de electores censados en Galicia, hai que sumarlle os 476.544 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).  


O electorado contará con preto de 41 millóns de papeletas e máis de 4 millóns de sobres de votación. Durante a xornada electoral, tamén foron designados para toda Galicia 2.628 representantes da administración, que contan con dispositivos electrónicos para a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de procesamento da información. 


Publicidade

Información en tempo real

O director xeral tamén lembrou que está dispoñible para descarga a aplicación móbil das eleccións, así como a páxina web https://resultados2024.xunta.gal, nas que se poderán seguir en tempo real as comparecencias de prensa, así como os datos de participación e o avance en directo do escrutinio a nivel autonómico, provincial, comarcal e por concello, incluíndo comparativas coas eleccións do 2020.


Ademais da app e da web de resultados, cómpre destacar que a Xunta tamén ten operativa a páxina web https://eleccionsgalicia2024.gal/, onde se centraliza toda a información de interese relacionada co proceso electoral.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page