Ecos da Comarca/Rodeiro
O PP de Rodeiro celebrou este mércores pola noite, no Hostal As Carpinteiras, o seu I Pincho de Nadal, que contou coa presenza da voceira municipal, Cati Somoza; do concelleiro e presidente provincial do PP e da Deputación de Pontevedra, Luis López; do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; e de máis de 150 militantes, simpatizantes e colaboradores do PP local. Así mesmo, houbo representación do resto da bisbarra con voceiros e concelleiros da formación popular de Lalín, Silleda, Vila de Cruces e Agolada.
Publicidade
Na quenda de intervencións, Cati Somoza agradeceu a gran colaboración e o enorme traballo da militancia, que permitíu que o PP fora, de longo, a forza máis votada en Rodeiro nas eleccións municipais e xerais celebradas este ano e debullou o intenso traballo que están a desenvolver desde a oposición para defender os intereses dos veciños.
Publicidade
Pola súa banda, e tras as palabras de agradecemento de Román Rodríguez, o presidente provincial animou aos militantes a traballar arreo cara ás vindeiras eleccións autonómicas, "xa que Galicia merece ter un presidente como Alfonso Rueda e Rodeiro tamén, posto que o actual presidente da Xunta coñece e quere a esta terra e sempre é sensible coas nosas necesidades".
Publicidade
Comments