Ecos da Comarca bate récords en dous días consecutivos co gran alcance que lograron as súas noticias
Laura Moure/IsmaelRS
ECOS DA COMARCA xurdiu hai oito meses para dar cobertura á información máis local, para ofrecer as noticias que pasan en cada recuncho das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa.
E cada día somos máis o que fai que este xornal dixital vaia botando máis raíces e dando os seus froitos! Pero isto só é posible gracias a vós, que cada día nos ides regando para que florezamos e facedes que broten a ganas e as novas que vos permite saber o que acontece ao voso arredor.
Ademais, tamén pretendemos que a nosa labor contribúa con distintas causas e que dun modo ou outro vos axude.
Levamos dous días que batemos récords e queriamolo compartir porque nos fai moi felices!! Este luns superamos as 8.000 visitas na nosa web (www.ecosdacomarca.com) e este martes, esta cifra aínda foi mellor: case chegamos as 16.000!! Só nos queda dircirvos unha vez máis GRACIAS, GRACIAS e GRACIAS!!
E convidámosvos a darlle a Me Gusta e a Seguir a nosa páxina Facebook e tamén ao noso perfil de Instagram (@ecosdacomarca). Tamén podedes subscribirvos na nosa web.
Comments