Ecos da Comarca/Xeral
Este mércores rexistrouse un incendio nunha granxa de Callobre, na Estrada, e morreron máis dun cento de porcos. Na instalación había uns 200 exemplares, tal e como informa o 112 Galicia.
As perdas ocasionadas por este incendio son importantes, pois, ademais dos animais mortos, a construción viuse afectada ao arder todo o illante do tellado, así como a instalación eléctrica. Iso si, ningunha persoa sufriu danos, tal e como indicaron os axentes da Garda Civil, que acudiron á chamada do 112 Galicia.
Publicidade
Este operativoactivouse pouco antes das dez desta mañá tras recibir no 112 Galicia a alerta de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tiñan en camiño unha dotación, aínda que, finalmente, ninguén necesitou asistencia médica.
Publicidade
Tamén interviñeron os membros do GES da Estrada e os Bombeiros de Deza para facer fronte ao lume, que causou a morte de máis dun cento de porcos e provocou danos importantes na estrutura.
Ademais dos axentes da Garda Civil, tamén acudiu unha patrulla da Policía Local, que situou a orixe do lume nunha nave lindeira. Pola súa parte, a empresa xestora das instalacións faise cargo do traslado dos exemplares con vida e da retirada dos que pereceron no incendio.
Comments