Foi unha xornada na que o Club tivo o protagonismo e no que se demostrou a falta
de instalacións que ten Lalín
Ecos da Comarca/Deza/O Pino
O Club Escola Atletismo Deza organizou, por primeira vez, un control de marcas que tivo lugar nas pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela o pasado domingo. A proba, na que colaboraron Ames Atletismo, Noitebra e Atletismo O Pino, contou coa participación duns 400 cativos/as, e permitiu a participación da categoría Sub-8 (rapaces/as entre 6 e 8 anos).
A alta inscrición que houbo conlevou a que moitos/as quedarán fóra, mais todas as persoas inscritas do Club Atletismo Deza puideron participar, ao ser o organizador principal. En total, foron máis de 100 atletas do Club lalinense os que desputaron as probas de 100 ml, 100 mv, 110 mv, 200 ml, 500 ml, 800 ml e 1.000 ml; lanzamento de peso e pelota; salto de altura e de lonxitude e triple salto.
Dende o Club destacan que foi a primeira vez que se organizou unha proba destas
características e que foi unha gran xornada na que se demostrou a importancia que ten
“contar con instalacións homologadas para as probas. Cada vez son máis os/as deportistas que temos que desprazar ata outras vilas para participar en competicións, se contásemos con instalacións, os desprazamentos reduciríanse e atraeríamos numerosas probas a nosa vila”.
Comments