top of page

Máis 380 atletas participan hoxe na Carreira Pedestre Popular do Pino

As dez da mañá tomarán a saída na praza de Forcarei uns 170 atletas para disputar os 8K da proba absoluta


Laura Moure/O Pino

O Pino volverá vibrar este domingo co atletismo durante a celebración da vixésima edición da Carreira Pedestre Popular, que conta con máis de 380 atletas inscritos nas diferentes categorías, dende máster ata Sub-6. A saída e meta estarán situadas na praza de Forcarei (Arca), onde os participantes poderán retirar os seus dorsais ata media hora antes de cada proba na secretaría técnica.

Ás 10:00 horas comezará a carreira absoluta, na que atletas maiores de idade deberán percorrer os 8 quilómetros desta proba, que inclúe as categorías de Sub-20 ata máster 4.

As categorías Sub-18 e Sub-16 tomarán a saída ás 11:00 horas, e o resto de categorías irán participando correlativamente ata que ás 12:10 horas os 26 inscritos menores de 6 anos percorran un circuíto de 340 metros aproximadamente. Está organizada polo Concello do Pino baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, esta proba pertence ao XI Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na XX Carreira Pedestre Popular do Pino poderán participar atletas federados e non federados e haberá unha soa clasificación conxunta. O control da proba estará a cargo do

Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello entregará trofeo para os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas das diferentes categorías, agás na categoría Sub-6 (neste non haberá clasificación nin premios). Tamén haberá trofeo para o primeiro e a primeira atleta local empadroados no

concello do Pino das categorías escolares (de Sub-8 ata Sub-18), entre outros recoñecementos. Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes aos e ás atletas locais. Haberá medallas para todas as persoas participantes nas categorías escolares entre Sub-6 e Sub-12.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page