top of page

Mª Carmen Mosquera López, a tataravoa de Palas de Rei de 98 anos

Hoxe, domingo 21 de xaneiro, está de aniversario


Laura Moure/Palas de Rei

Os nosos maiores deberían ser eternos. Debemos escoitalos e aprender da súa experiencia. Hoxe queremos falar de Mª Carmen Mosquera López de Palas de Rei. Hoxe, 21 de xaneiro, está de aniversario e fai nada máis e nada menos que 98 anos!!! Moitos parabéns!! "É tataravoa dende fai dous meses", comenta a súa nora Ángela Pérez.

Mª Carmen rodeada de parte da súa familia, entre ela a súa tataraneta.

Mª Carmen é natural do lugar de Xestrar, en Palas de Rei, localidade na que vive agora. É viúva e ten catro fillos, dúas mulleres e dous homes, e oito netos, un xa falecido. E xa ten cinco bisnetos e agora, unha tataraneta.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tivo unha perruquería, a perruquería de María de Portos, porque así é como a coñecen a ela.


"A saúde a verdade, ten moita sorte, acompáñaa bastante. Si que ten algún problema de mobilidade porque ten mal a columna e precisa calmantes, pero polo demais, moi ben. A cabeza moi ben posta no seu sitio", cóntanos Ángela.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A súa nora tamén nos di como pasa o tempo a súa sogra. "O tempo pásalle malamente polos problemas de mobilidade. Levántase tarde, asease ela soa perfectamente, así a mañá faise máis curta. Nunca está soa. Pola mañá vén unha señora que a cuida e fai labores na casa e pola tarde, sempre está con algunha filla ou fillo, que cando o tempo acompaña, saen a dar un pequeno paseo pola acera sen alonxarse da casa. E pouco máis. As mans pola artrose non lle axudan a facer labores que tantas e tantas fixo para todos nós: gustáballe moito a calceta".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Estes son momentos que quedarán na memoria da familia de Mª Carmen, mentras ela segue sumando capítulos rodeada dos seus seres queridos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page