Luz Casal, Fillas de Casandra ou Miguel Costas actuarán no Festival da Luz de Boimorto
- Laura Moure
- 10 abr 2024
- 1 Min. de lectura
Entregouse a recadación solidaria do ano pasado, que ascendeu a 93.523 euros, a favor de Down Galicia. Tamén houbo achegas solidarias para a Cruz Vermella (2.500 euros) e para distintas asociacións do concello de Boimorto (4.000 euros)
Laura Moure/Boimorto
O Festival da Luz celebrarase este ano os días 23, 24 e 25 de agosto en Boimorto e contará coa presenza de artistas destacados como a propia Luz Casal, Fillas de Casandra o Miguel Costas, cantante de Siniestro Total.
O cartel complétase con bandas nacionais e internaconais coma Chica Sobresalto, Paula Koops, Gilopojazz, Veintinuno, ou Chris Barron, cantante dos Spin Doctors. O evento conta un ano máis co apoio da Deputación da Coruña, que colabora na parte musical e instala cada ano no recinto o seu Mercado de promoción de produtos locais.

O deputado Antonio Leira Piñeiro asistiu este martes na Fundación Paideia da Coruña á presentación do Festival de La Luz 2024, un acto no que tamén se entregou a recadación solidaria do ano pasado, que ascendeu a 93.523 euros, a favor de Down Galicia. Tamén houbo achegas solidarias para a Cruz Vermella (2.500 euros) e para distintas asociacións do Concello de Boimorto (4.000 euros).
Publicidade
Leira destacou que o Festival mestura "cultura, solidariedade e aposta polo rural" e sostivo que a Deputación reforzará este ano a súa colaboración cun evento "que xa é unha referencia na nosa provincia".
O Festival volverá a contar co Mercado da Deputación, no que participarán de novo máis de corenta produtores locais do eido da alimentación a artesanía ou a innovación.
Yorumlar