top of page

Luis Vilariño peleará pola vitoria en Narón

O piloto de Palas de Rei parte entre os favoritos ao triunfo da segunda cita da Copa de España de Rallies de Asfalto


Laura Moure/Palas de Rei

Luís Vilariño e Javier Martínez regresan á competición tras algo máis dun mes de descanso desde o pasado Rali do Cocido, no que pelexaron ao segundo pola vitoria ata que unha serie de picadas lastraron o seu resultado. Por iso, o equipo tentará na segunda proba do CERA- Recalvi tentar sumar un bo resultado que lles sirva para meterse na pelexa polo título. A cita naronesa, deste venres e sábado, contará cun esquema de dúas xornadas de competición, aínda que os equipos xa viaxaron hoxe para realizar as verificacións e a protocolaria cerimonia de saída.

Será desde a mañá do venres, co shakedown e o tramo de cualificación cando arrinque a loita contra o cronómetro, unha loita que se prolongará en cunha sección vespertina o mesmo venres e que ao longo da mañá do sábado completará un total de dez tramos e algo máis de cento vinte quilómetros cronometrados. Luís Vilariño, que competirá a bordo do Skoda FabiaR5 sinala que "o noso obxectivo é tentar pelexar a vitoria, en Lalín demostramos, que podiamos estar nos tempos de cabeza así que a nosa finalidade é apertar ao máximo para pelexar polo mellor resultado posible. Temos confianza en poder marcar un bo ritmo. Os tramos de Narón son sempre moi complicados, con moitos cambios de ritmo que che obrigan a estar moi concentrado para non cometer o máis mínimo erro". E engade que "este ano hai unha gran competencia na Copa de España de Rallies de Asfalto, o que nos motiva especialmente, pois obriga a todos os participantes ao dar o máximo e iso sempre acaba ofrecendo un gran espectáculo.”

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page