top of page

Luis Vilariño correrá o Rallye de Ferrol antes de partir cara República Checa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O piloto de Palas de Rei contará nesta proba con Javier Martínez como copiloto, ao ter

comprometida José Murado a súa participación no Rallye do Lacón con Alberto Meira


Laura Moure/Palas de Rei/Lalín

O piloto de Palas de Rei Luís Vilariño disputará os próximos días 21 e 22 de agosto o 52º Rallye de Ferrol, sexta proba puntuable para o Súper Campionato de España de Rallyes (S- CER), acompañado polo copiloto habitual de Álvaro Muñiz, Javier Martínez, ao ter José Murado previamente comprometida a súa participación no Rallye do Lacón como copiloto de Alberto Meira.


O Vilariño Team desprazará ata Ferrol o Š koda Fabia Rally2 Evo e toda a estrutura de Raceseven antes de partir o día 23 de agosto cara á República Checa, onde disputará do 27 ao 29 de agosto o 50 th Barum Czech Rally Zlín, terceira proba do FIA European Rally Championship (ERC) que correrá tras completar a súa participación en Liepā ja (Letonia) e Roma (Italia) e despois de perderse o Rally de Polonia ao dar positivo por Covid-19.

“O Rallye de Ferrol é un rallye que coñezo e faime moita ilusión correr en Galicia, despois de non vir a ningún rallye aquí, xa que no Terra da Auga tivemos a mala sorte de envorcar e acabar moi rápido. E como teño ganas de volver correr en casa ante a afección galega, por iso arriscamos un pouco e decidimos ir a Ferrol, esperando non ter ningún contratempo, porque nada máis acabar o rallye o coche ten que saír cara á República Checa”, explica Luís Vilariño.


Precisamente, o piloto de Palas de Rei espera aproveitar a participación no Rallye de Ferrol “para mellorar sensacións pensando na cita de Barum”, que se presenta como “moi esixente” ao constar de 15 tramos e unha distancia total de 785,68 quilómetros, dos cales 210,92 corresponden aos tramos cronometrados e 574,76, aos tramos de ligazón.


Sorteo para acompañar ao equipo no Rallye de Azores

Por último, Luís Vilariño lembra que antes de que finalice o mes de agosto o equipo celebrará un sorteo en redes sociais dunha viaxe para dúas persoas para acompañar ao Vilariño Team ao Rallye de Azores, que terá lugar do 16 ao 18 de setembro. Nos próximos días faranse públicas as bases do sorteo, pero uno dos requisitos será seguir ao equipo nas súas redes sociais: Youtube, Facebook, Instagram ou Twitter.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page