top of page

Luis Vilariño consegue superar un intenso Rallye Cidade de Narón

O piloto palense completou a segunda cita da Copa de España de Rallies de Asfalto


Laura Moure/Palas de Rei

Intensa fin de semana para o palente Luis Vilariño e David Míguez, no que foron capaces de completar o esixente percorrido do Rallye Cidade de Narón a bordo do seu Skoda Fabia R5. A cita naronesa estivo marcada polas condicións climatolóxicas, que complicaron moito o bucle vespertino coa aparición da choiva, o que fixo que os equipos tivesen un reto á hora de seleccionar o composto dos seus pneumáticos, algo que o Vilariño Team xestionou á perfección calzando o composto adecuado de Hankook no seu vehículo para conseguir chegar ao parque pechado final na oitava posición da clasificación absoluta.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

O piloto de Palas destaca a dificultada desta edición: “Narón é unha proba que nos gusta especialmente, porque é moi técnica e hai moito cambio de ritmo, no que se intercalan zonas moi rápidas que son as que máis gozamos. Nesta ocasión, a choiva fixo acto de presenza ao mediodía, algo que o equipo xestionou á perfección, montando o composto adecuado para esa situación, boa proba diso é o terceiro scratch que marcamos na primeira pasada por Pedroso, o tramo máis delicado e rápido da tarde. Os nosos Hankook demostraron un gran rendemento nesa situación, o que nos proporcionou a confianza necesaria nese momento".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

En liñas xerais, indica, "estamos satisfeitos co resultado obtido, xa que o nivel actualmente é moi alto, o que nos motiva para seguir traballando para tentar pelexar polos postos de podio na seguinte proba, que será en Adeje a finais de xuño. Estamos a traballar para poder desprazarnos á cita insular, xa que é unha proba importante no calendario nacional que non queremos perdernos.”

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page