O piloto de Palas de Rei, acompañado por Javier Martínez, quedouse ás portas dos puntos na segunda cita do FIA European Rally Championship
Laura Moure/Palas de Rei
A 56ª edición do Azores Rallye será lembrada pola dureza e dificultade que as condicións climáticas causaron na illa de Sao Miguel durante toda a fin de semana, e é que, tanto a choiva como a néboa, supuxeron un reto para todos os participantes. Por parte do equipo galego, a posición de saída escollida para a primeira etapa fixo máis difícil se cabe o ser capaz de imprimir un bo ritmo ao seu Skoda Fabia Rally2 Evo, o que fixo que a dupla Vilariño- Martínez non puidese sumar puntos na cita lusa.

O piloto palense Luís Vilariño mostraba a satisfacción de superar unha das citas máis complicadas da súa carreira deportiva: “Completamos a proba, que era un dos nosos obxectivos, aínda que non foi nada fácil polo estado dos tramos. Tras a qualifying stage, na que só puidemos facer unha pasada de adestramentos, na que sufrimos un problema cos interfonos, apostamos por ser os primeiros en pasar polos tramos na etapa inicial, xa que pensamos que sería unha boa posición de saída dada a choiva que se esperaba. Con todo, pronto nos demos conta de que pagaramos a “novatada” de non competir nunca aquí nesas condicións, os tramos estaban moito máis deslizantes do esperado. O sábado saímos con ganas de tentar mellorar algunhas posicións, algo que conseguimos, aínda que nos queda o sabor agridoce de non conseguir sumar algún punto na nosa marcadora".
E recalca que "equipo realizou un traballo espectacular, tendo o noso Skoda Fabia Rally2 Evo sempre a punto para enfrontarse aos esixentes tramos azorianos, así que quero agradecerlles o gran traballo e esforzo que realizaron. Agora teremos un par de semanas de descanso, que aproveitaremos para revisar a fondo o noso vehículo e telo a punto para tentar pelexar polos postos de cabeza na Copa de España de Rallyes de Asfalto, que arrincará a mediados de abril no Rali do Cocido, en Lalín.”
Comments