top of page

Luis Vilariño colócase na terceira posición xeral da Copa de España de Rallies de Asfalto

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O piloto de Palas de Rei completa o Rallye Villa de Adeje


Ecos da Comarca/Palas de Rei

A terceira cita da Copa de España de Rallies de Asfalto pechouse cunha vitoria no apartado Silver e unha sétima posición na xeral para o piloto de Pas de Rei, Luis Vilariño, quen esta fin de semana tivo no asento da dereita da súa Skoda Fabia R5 ao cántabro Borja Odriozola.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

A dupla galaico-cántabra foi mellorando o seu ritmo segundo avanzaban os rápidos tramos adejeros, que foron máis complicados do esperado para o Vilariño Team. O palense analiza o resultado: “Estamos contentos de completar unha carreira tan complicada como esta. Os tramos son realmente rápidos, máis do que esperaba, e o grip tampouco é como esperabamos, así que o equipo tivo que traballar en cada asistencia para conseguir adaptar os reglaxes do noso Skoda Fabia R5. Saímos cun bo botín de puntos na xeral do certame e, por outra banda, aumentamos a nosa vantaxe no apartado Silver. Así que nos iremos ao descanso estival cun bo sabor de boca e con ganas de seguir pelexando por bos resultados á volta das vacacións".


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

"Quero agradecer o gran traballo de todo o equipo, que tras o shakedown tivo que traballar contrarreloxo despois de sufrir unha rotura mecánica, e non quero esquecerme de Borja Odriozola, xa que grazas á súa experiencia como copiloto conseguimos estes puntos para a noso marcador. Ata outubro non teremos máis citas na Copa de España de Rallies de Asfalto. É unha situación bastante anómala, xa que supón un parón de case catro meses, case tan longo como o que hai entre tempadas. Aínda que despois, en dous meses, disputaremos catro carreiras nas que non haberá marxe para o erro. O noso obxectivo é disputar unha cita para recuperar ritmo antes do Rallye de La Vendimia e así tentar chegar o mellor preparados posible a ese sprint final da tempada", recalca Vilariño.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page