Luis Vilariño ás portas do podio no seu regreso á competición
- ecosdacomarca

- 6 oct 2025
- 2 min de lectura
O piloto de Palas foi cuarto no Rallye Montaña Central co seu Skoda Fabia Rally2 Evo
Ecos da Comarca/Palas de Rei

Luis Vilariño, acompañado por David Míguez, regresaba esta fin de semana á competición no Rallye Montaña Central, proba puntuable para o Campionato de Asturias de Rallies, a bordo dun Škoda Fabia Rally2 Evo. A medida que avanzaba a proba, a dupla galega foi recuperando sensacións e ritmo, completando unha destacada actuación.
PUBLICIDADE

A cita asturiana estivo marcada polos continuos cambios meteorolóxicos, que complicaron aínda máis o estado duns tramos xa de seu esixentes e deslizantes. Finalmente, Vilariño e Míguez lograron unha meritoria cuarta posición absoluta, un resultado que deixa moi boas sensacións para a próxima cita no Rallye San Froilán, última proba do Campionato Galego de Rallies, que se celebrará en pouco máis de quince días con epicentro en Lugo.
PUBLICIDADE
Luis Vilariño comentaba desde o parque pechado de Mieres: “O noso obxectivo era completar a proba, acumular quilómetros e probar diferentes reglaxes no noso Škoda Fabia Rally2 Evo, algo que puidemos facer grazas a todas as situacións que se viviron durante a carreira. É certo que a meteoroloxía nos complicou un pouco máis as cousas, pero o equipo fixo un traballo magnífico, sabendo elixir a equitación de pneumáticos e a configuración máis adecuada en cada bucle. Aos poucos fómonos atopando máis cómodos a bordo do coche, a pesar de sufrir algúns problemas de freos nos primeiros compases que quizá nos fixeron baixar o ritmo máis da conta. Aínda así, estamos moi contentos con como saíu todo e con chegar ao parque pechado final nunha carreira tan complicada como esta. A afección asturiana demostrounos todo o seu agarimo e queremos darlle as grazas, así como aos nosos patrocinadores polo seu apoio. Dentro dun par de semanas volveremos subirnos ao Škoda Fabia Rally2 Evo para competir no Rallye San Froilán, a carreira de casa, onde esperamos poder loitar por un bo resultado.”







Comentarios