PLENO DE INVESTIDURA. ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Onte, sábado, tamén tivo lugar o pleno de constitución da nova Corporación Municipal de Vila de Cruces. Os concelleiros e concelleiras de Xuntos Polo noso Concello, Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego e Nova Alternativa tomaron posesión do seu cargo.
Acto seguido procedeuse á votación resultando elexido Alcalde-presidente do Concello de Vila de Cruces Luis Celso Taboada Sánchez, para gobernar na lexislatura 2023/2027, grazas aos votos a favor dos seus seis concelleiros. Os dous concelleiros do BNG votaron en blanco e Manuel Souto, de Nova Alternativa, por el mesmo. O que chamou a atención foi que o candidato do PP e exalcalde Jesús Otero, decidiu non candidatarse, presentándose no seu lugar a segunda da lista, Vanesa Trigás, que logrou os catro apoios do seu partido. Polo tanto, Taboada volverá a gobernar en minoría, aínda que desta volta, cun total de seis edís, o dobre que os obtidos en 2019.
O PP enviou onte este comunicado:
O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces é plenamente consciente que os resultados electorais do 28 de maio reflectiron a necesidade dun acordo político entre as diferentes organizacións políticas ante a imposibilidade de exercer unha maioría absoluta concentrada nun único partido. Desde o primeiro instante manifestamos con claridade a nosa completa disposición e unha escoita activa cara aos partidos políticos que respectan as institucións sen ningún lugar a dúbidas, reiterando a nosa flexibilidade para formar un goberno estable e con experiencia e pensando no único beneficio para Vila de Cruces sen pedir nada a cambio, simplemente lealdade e xestión do público.
A realidade foi ben distinta porque tanto Nova Alternativa como o BNG, non souberon aproveitar nin poñer en valor un entendemento necesario nin tampouco agradecer a xenerosidade por parte do noso grupo que nunca pedimos nada a cambio simplemente porque sempre consideramos que é prioritario terminar co despropósito de anterior goberno. Desde o Grupo que representamos desde o primeiro instante puxemos ao dispor os nosos concelleiros, por tanto os nosos votos, para impulsar un entendemento entre Nova Alternativa e BNG, sendo estes dous partidos quen tiña a responsabilidade de entenderse e de conformar un goberno de coalición pero lamentablemente non souberon estar á altura das circunstancias que esixía este momento tan importante.
Entendemos que o papel que podería desempeñar o BNG en áreas como servizos sociais, cultura ou educación durante os próximos anos achegarían moito máis valor que a decisión de non conformar un goberno de coalición por non chegar a un entendemento con Nova Alternativa. En relación ao último comunicado publicado nun medio de comunicación por Nova Alternativa onde indica que a responsabilidade reside no PP e no BNG para formar un goberno é faltar á verdade e mentir tanto ao seu electorado como ao resto dos veciños.
Pola nosa banda informamos con tempo máis que suficiente a Nova Alternativa para que puidese debater e atopar un punto de entendemento co BNG pero ambas as partes puidéronlle as súas altas pretensións entre eles mesmos. Desde o Partido Popular transmitimos unha mensaxe clara e que nunca cambiamos, lembrando que non nos podemos permitir un Goberno que incentiva o descrédito das nosas institucións; sen planificación para executar infraestruturas de importante calado que son necesarias acometer urxentemente; sen apostar por impulsar a educación pública, en definitiva opoñémonos plenamente a consentir que se siga actuando de maneira caciquil desviando diñeiro público para asuntos e beneficios particulares e a empobrecer cada día a Vila de Cruces.
Respectamos plenamente a decisión dos cidadáns que votaron por Xuntos Polo
Noso Concello pero desde o Grupo municipal Popular é noso deber transmitir a verdade dos feitos tantas veces como sexan necesarias para que todos os veciños de Vila de Cruces coñezan como se xestiona, adminístrase e procédese co diñeiro público de todos os contribuíntes.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments