Visitou a sede da agrupación e mantivo un encontro con algúns dos seus 20 integrantes, aos que agradeceu o seu “traballo altruísta e desinteresado a prol sociedade"
Laura Moure/Vila de Cruces
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, garantíu o “máximo apoio” da Xunta de Galicia á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces para seguir impulsando os seus servizos de atención cidadá e xestión das emerxencias. O representante autonómico acudíu esta mañá á sede da entidade, acompañado do xefe
provincial de Emerxencias, Miguel Ángel Pérez Dubois, do alcalde cruceño, Luis Taboada,
e doutros representantes municipais, para coñecer o seu funcionamento e necesidades e
manter un encontro con algúns dos seus 20 integrantes.

“Esta agrupación traballa de xeito exemplar para dar cobertura aos máis de 5.000 cidadáns de Vila de Cruces e ás súas case 30 parroquias, que o configuran como un dos
máis extensos da provincia, e incluso colabora cando se lle pide máis aló dos seus límites
territoriais. Ademais, ten unha evolución e unha traxectoria que a converteron nunha das agrupacións máis activas da provincia grazas ao esforzo, profesionalidade e adicación dos
seus compoñentes e ao apoio da Xunta de Galicia”, detallou Luis López, que agradeceu
aos voluntarios o seu “inxente traballo altruísta e desinteresado a prol da sociedade”.
Protección Civil de Vila de Cruces recibíu, ao longo dos últimos anos, unhas achegas por valor de 60.000 euros da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior para os seus gastos de funcionamento anual e para a adquisición de material, como un desfibrilador e un vehículo pick-up para a atención de emerxencias que xa está concedido e que ten pendente de fixar a súa data de entrega.
Comentarios