top of page

Luis López destaca os 400.000 € investidos na mellora de camiños municipais en Agolada

O presidente provincial, acompañado polo alcalde e concelleiros comproba o remate das obras de asfaltado e mellora dos servizos na Aldea do Monte, Bidueiros e Quintela


Laura Moure/Agolada

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, comprobou o remate das actuacións de mellora de camiños municipais levada a cabo en distintas localidades do concello de Agolada ao abeiro do programa +Provincia, que supuxo un investimento por parte do organismo provincial de 413.000 euros. Acompañado polo alcalde Luis Calvo, e por outros membros da Corporación municipal, o presidente Luis López percorreu un treito do camiño de Aldea do Monte, na contorna da Capela de San Silvestre, un camiño que, xunto cos de Bidueiro e Quintela, viron mellorados tanto a súa imaxe coma as súas prestacións.

"Unha mostra da sensibilidade do goberno provincial para mellorar os servizos, as infraestruturas e a calidade de vida da veciñanza de toda a provincia, vivan no concello que vivan", subliñou o mandatario provincial a transcendencia deste tipo de actuacións.


A obra levouse a cabo nos núcleos de Aldea do Monte, Bidueiro e Quintela e consistiu no reposición do asfalto dos camiños destes lugares, así como o ancheamento dos mesmos naqueles puntos onde foi posible. Do mesmo xeito, o proxecto incluíu a substitución e ampliación da sinalización, a renovación do sistema de drenaxe e unha mellora integral da imaxe destes camiños. "Agora contamos cuns núcleos mellor comunicados e cunha imaxe acorde aos novos tempos", incidiu o dirixente provincial.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Non é a única actuación que a Deputación ten en marcha neste Concello da comarca de Deza. Se no pasado ano 2024, o organismo provincial executou investimentos por valor de 670.000 euros a través de plans como o +Provincia ou a primeira edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Neste 2025, o goberno de Luis López ten previsto mobilizar un total de 1,23 millóns de euros en Agolada: 89.185 euros correspondentes ao segundo PEID, 0,5 millóns de euros, do novidoso Plan Extra; e 639.000 euros, do +Provincia. "Comprobar que os recursos da Deputación serven para apoiar a Concellos como o de Agolada e mellorar os servizos e a calidade de vida da veciñanza é toda unha satisfacción", rematou o presidente da Deputación.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page