“Despregamos un apoio transversal á cultura, desde a rehabilitación do noso patrimonio a todas as artes escénicas, a mellora das bibliotecas ou as celebracións con raigame como os Xenerais”, aseverou
Ecos da Comarca/Deza
O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, puxo en valor na xornada deste sábado o compromiso da súa formación polo desenvolvemento da cultura e a preservación do patrimonio e das tradicións nas bisbarras de Deza e Tabeirós-Montes tras investir 3,1 millóns de euros neste ámbito durante a derradeira lexislatura. O tamén presidente da Deputación de Pontevedra fixo este balance durante a súa presenza na celebración tradicional dos Xenerais, co seu desfile e atranque, na localidade silledense da Bandeira, onde estivo acompañado pola conselleira e candidata da provincia da Coruña, Fabiola García; o secretario xeral de Política Lingüística e coordinador do programa do PPdeG, Valentín García; o voceiro municipal do PP, Ignacio Maril; e outros membros da agrupación local.
Luis López anunciou, ademais, que o programa e a folla de ruta do PP pasa por “incrementar esta cifra no vindeiro mandato 2024-208” co obxectivo de potenciar ao máximo o eido cultural nunhas bisbarras “moi ricas en tradicións, en artistas, en axentes culturais, en patrimonio e en todas as formas de cultura que forman e conforman a nosa identidade e a nosa forma de ser como pobo e como galegos”.
Publicidade
Ao respecto, o presidente provincial lembrou que as accións de apoio e acompañamento do Goberno galego á cultura das bisbarras “foron moitas e moi variadas, xa que despregamos un respaldo transversal, desde a rehabilitación de bens de gran valor patrimonial ata todas as artes escénicas, a mellora das bibliotecas, teatros e centros culturais, a celebración de eventos, a colaboración cos creadores ou as celebracións máis tradicións e con raigame, como estes Xenerais que tanta sona teñen e que son unha bandeira neste concello de Silleda”, sinalou.
Publicidade
Finalmente, referíuse ao eido da preservación e rehabilitación patrimonial destacando que se fixeron actuacións nos mosteiros de Camanzo, Vilanova e Carboeiro e que, para a próxima lexislatura, prévese comezar cunha actuación de calado na Casa de Don Álvaro, en Lalín.
Comments