top of page

Luis López califica ao PP de “Partido do Pobo de Agolada como artífice da modernización do concello"

Augura que Carmen Seijas "será a futura alcaldesa para corrixir a actual deriva"


Ecos da Comarca/Agolada

Este sábado o Auditorio Municipal Manuel Costa Casares de Agolada foi o escenario dun acto do PP no cal recordou e homenaxeou aos exconcelleiros populares que estiveron nos gobernos agoladenses de Manuel Costa e Ramiro Varela dende o ano 1979. Á cita asistiu tamén o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e o coordinador comarcal do PP no Deza, o conselleiro Román Rodríguez. Durante a súa intervención, Luis López, calificou ao PP como o “Partido do Pobo de Agolada posto que foi o artífice da modernización e transformación do municipio tras gobernalo durante 40 a anos (1979-2019) da man de Manuel Costa e Ramiro Varela" e augurou que a actual presidenta local e voceira municipal, Carmen Seijas, "será a futura alcaldesa a partires do ano 2027 para corrixir a actual deriva da man do alcalde Luis Calvo e da formación experimental PAYJ".


“Non vale de nada escandalizarse da gravísima corrupción do PSOE en Madrid se, no caso de Agolada, témola na porta da casa cun alcalde condenado e inhabilitado polo ‘caso Farelo’ ao que lle sobran os veciños e a palabra ‘Anticorrupción’ no nome do seu partido, así que pedímoslle a confianza a aqueles que fixeron un experimento ou que arriscaron co seu voto e que xa non soportan o escándalo actual”, sinalou o tamén presidente da Deputación durante o acto de homenaxe do PP local a todos os concelleiros populares de Agolada durante o período democrático.

López salientou que este encontro “é unha lección da mellor política, dun partido orgulloso do seu pasado e que ten en Carmen e os seus compañeiros aos que encarnan o mellor legado dun PP de Agolada baseado no esforzo, o compromiso, as ideas, a unidade, a ambición e a xestión”. “Carmen merece ser a alcaldesa e, sobre todo, Agolada necesítaa”, apostillou nun discurso no que tivo un emotivo recordo para o exalcalde de Rodeiro, Manuel Lamazares, que faleceu esta semana e do que puxo en valor todas as súas ensinanzas para estar, por riba de todas as cousas, a carón dos veciños.


Pola súa banda, Carmen Seijas tildou o día de “histórico” e amosou o seu agradecemento a Luis López “pola confianza e por todos os investimentos que trae da Deputación”, lembrando que sen estes fondos provinciais e os da Xunta, con mención expresa á reforma do colexio impulsada por Román Rodríguez, “Agolada estaría morta da man dun alcalde corrupto, que debería irse”.


Por elo, anunciou un traballo inxente “para recuperar a Alcaldía e que Agolada recobre a normalidade” e asegurou que o partido está “moi vivo, animado e cheo de ilusión” antes de poñer en valor o traballo de todos os exconcelleiros “para atender aos veciños como se merecen durante estas décadas e por acadar, coas súa xestión e labor, as infraestruturas e servizos cos que hoxe conta o Concello”.


O acto convocado polo PP de Agolada ateigou o auditorio para render unha merecida homenaxe a todos os concelleiros “co obxectivo de poñer en valor o seu gran traballo a prol do concello e da xente e de convidalos a sumarse ao proxecto de rexeneración e futuro que lidera Carmen Seijas de cara ao necesario cambio nas eleccións de 2027”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta homenaxe comezou coa introdución de Jesús Sánchez, un militante de nova incorporación, e contou cun “salón de anécdotas” sobre as vivencias destes 46 anos de democracia en Agolada, vídeos de apoio do presidente Alfonso Rueda e doutros cargos do partido, como a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o eurodeputado Adrián Vázquez, o secretario xeral da Lingua, Valentín García ou as alcaldesas Nidia Arévalo ou Nava Castro, a entrega de diplomas conmemorativos desta efeméride a todos os exedís populares e unha foto de familia.

Tamén estivo presente a secretaria xeral do PP Provincial, Luisa Piñeiro; e alcaldes, voceiros e concelleiros dos demais concellos da bisbarra do Deza.







Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page