top of page

Luis López avanza en Lalín o primeiro informe de competitividade da Deputación de Pontevedra

Destaca a aposta polo financiamento municipal e o emprendemento no rural


Laura Moure/Lalín

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presenta en Lalín a primeira entrega do Observatorio de Competitividade – Provincia Extraordinaria centrado no medio rural e que certifica a aposta da Deputación polo financiamento municipal e o impulso do empredemento no rural. Nunha visita á empresa Kalekoi, referente provincial en innovación no sector gandeiro, o mandatario provincial salientou a pegada de programas provinciais de apoio ao sector como as axudas ás cooperativas agrogandeiras, o servizos ofrecidos por Smart Peme, as iniciativas +Reto Dixital e Da Túa Man ou os plans de investimento do Plan Extra e do +Provincia, que fomenta tamén a inserción laboral.

“O medio rural está a consolidarse como un espazo estratéxico para o emprendemento e o desenvolvemento económico sustentable”, afirmou o presidente, nun encontro cos fundadores da empresa, Susana Aguiar e Álex Moure, así como con usuarios de Smart Peme.


Este Observatorio de Competitividade – Provincia Extraordinaria, impulsado polo organismo provincial a través do Servizo Smart Peme, analizará as fortalezas, oportunidades, retos e debilidades da economñía provincial nos distintos sectores produtivos e sociais. O medio rural é o protagonista desta primeira entrega cun informe que reflexa o peso do sector no conxunto da provincia. Segundo informou o dirixente provincial, máis do 40 % das empresas da provincia están situadas en zonas rurais e o 20 % das afiliacións á Seguridade Social no rural son persoas emprendedoras. “Un aumento da actividade económica que está a axudar a fixar poboación nestas zonas do rural”, valorou López. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Un sector con moito futuro por diante, pero tamén con moitos retos que afrontar. Pero aí está a Deputación, un apoio sólido e un aliado estratéxico”, puntualizou antes de detallar as propostas impulsadas polo organismo provincial para fortalecer o medio rural. As axudas a cooperativas agrogandeiras, así como os recursos que ofrece o Plan Extra e +Provincia aos concellos “son a resposta da Deputación ante as dificultades de financiamento das entidades privadas e das administracións públicas”, citou o presidente para engadir a continuación, outros plans como a liña de activación de emprego do +Provincia, a asistencia para o uso das novas tecnoloxías do +Reto Dixital, o impulso ao sector servizos do programa Da Túa Man ou o acompañamento aos emprendedores por medio do Smart Peme. “O rural é pasado, presente e futuro. Un longo camiño no que a Deputación estará sempre presente. Somos unha potencia en moitísimas cousas, pero especialmente no afecto e coidado da nosa terra, somos os mellores en sacar uns produtos de calidade excelente e sempre coa sustentabilidade no horizonte”, afirmou López.


Neste punto, o presidente provincial salientou a traxectoria de Kalekoi, unha empresa do medio rural que é toda unha referencia para o sector tanto na provincia como no conxunto de Galicia. “É o modelo perfecto do medio rural na provincia. Dous fillos de gandeiros con estudos universitarios e que iniciaron unha andaina profesional na empresa pero aos que sempre lles tirou ese espírito emprendedor. E, recorrendo á tradición, inician a posta en marcha deste proxecto.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Un proxecto exitoso que conxuga tradición e innovación e un modelo para o mundo rural galego. En Galicia, que é unha potencia no sector lácteo pero cun valor engadido moi pequeno, proxectos deste tipo son aos que sempre aspiramos no sector”, afirmou o presidente quen agradeceu e felicitou aos fundadores de Kalikoi, Susana Aguiar e Álex Moure, “por recibirnos e por facer de Kalekoi, de Lalín, do Deza e da provincia, unha referencia de futuro e sustentabilidade no medio rural”, concluíu. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page