top of page

Luces e sombras para o palense Luis Vilariño en Noia

O equipo Vilariño Team sufriu máis do esperado na segunda cita do Campeonato Galego de Rallies


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O piloto de Palas de Rei, Luís Vilariño, completou xunto ao asturiano Enrique Velasco o rally de Noia desta fin de semana no que acabaron obtendo un cuarto posto no trofeo dedicado á categoría Rally2/R5, aínda que non puideron sumar puntos á súa marcadora na loita polo certame autonómico.

A dupla galaico asturiana sufriu unha serie de contratempos que complicou máis se cabe a sempre difícil cita noiense, empezando xa na etapa do venres na que problemas de comunicación cos interfonos impediron ao equipo rodar a un bo ritmo; mentres que o sábado un trompo nunha zona lenta fixo que o Hyundai i20 R5 do equipo quedase

empanzado causando gran unha perda de tempo.


Con todo, o equipo Vilariño Team refíxose desta situación para acabar rodando nos tempos de cabeza nos tramos vespertinos, deixando boa mostra da súa capacidade para pelexar polos postos de honra no Campionato Galego de Rallies, un certame que terá agora un descanso de case un mes antes do Rallye Mariña Lucense.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O propio Luís Vilariño analizaba a fin de semana: “Custounos máis do esperado, pero estamos satisfeitos por como acabamos a carreira, pola tarde cambiamos varias cousas tanto na condución como no vehículo e conseguimos marcar bos tempos, así que estamos motivados e esperanzados para as seguintes carreiras, nas que esperamos pelexar polos podios de forma consistente. Esta fin de semana non tivemos demasiada sorte, primeiro co problema de interfonos que facía que non puidese escoitar ben ao copiloto, e despois o sábado cun trompo que nos acabou causando unha perda de máis de oito minutos. A partir de aí, aproveitamos para probar diferentes reglajes, o que nos axudou a atopar unha boa posta a punto para o noso Hyundai i20 R5, conseguindo pechar o último tramo co terceiro mellor crono da xeral. Agora empezaremos a traballar para a seguinte cita, que será totalmente nova para nós, polo que será un reto que afrontaremos con máis ganas que nunca.”



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page