Lucía Pérez actuará na XXVI Mostra de Artesanía de Agolada
- Laura Moure
- 28 jul 2023
- 1 Min. de lectura
A cita será o 12 e 13 de agosto e reunirá unha trintena de artesáns e distintas actividades e actuacións musicais
Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada celebrará a súa XXVI Mostra de Artesanía os días 12 e 13 de agosto. O entorno dos Pendellos congregará unha trintena de artesáns que chegan desde distintos puntos de Galicia. Ademais, as xornadas incluirán distintas actividades e actuacións musicais pensadas para os distintos gustos.
O DÍA 12
A mostra arrancará a ás 11:00 horas coa apertura dos stands e coa actuación de BICO DA BALOUTA.
Pola tarde, ás 18:30 horas, a Praza da Randulfa acollerá un CONTACONTOS DA MAN DE CAXOTO.
Publicidade
E pola noite, ás 20:30 horas, actuará LUCÍA PÉREZ na Praza do Concello.
Xa o DÍA 13 a apertura dos postos adiantarase ás dez da mañá.
Ás 13:30 horas actuarán os VARACUNCAS de Rodeiro na Praza do Concello.
Ás 18:30 horas terá lugar no entorno da Praza do Concello unha FESTA DA ESCUMA.
E o broche final a esta mostra poñerao o ritmo do grupo TANTO NOS TEN, que será ás 20:30 horas na Praza do Concello.
Así mesmo, ambos días haberá dous TALLERES INFANTÍS GRATUÍTOS ao longo de todo a xornada.
"Contaremos unha ano máis cunha exposición de pintura do agoladés JOSÉ ÁNGEL AYUDE", sinala o Concello. Ayude é da parroquia de Berredo.
Comments