top of page

Luar na Lubre actuará no Son d'Aldea que se celebrará en Palas os días 3 e 4 de setembro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será en Santiago de Albá e a recreación da historia do rural galego protogonizará as distintas actividades que haberá ao longo desas dúas xornadas


Laura Moure/Palas de Rei

A décima edición do Son d´Aldea, foi presentada no Parladoiro de Santiago de Albá, por parte dos representantes do comité organizador José Luis Carreira, Afonso García Penas e dos representantes das administración colaboradoras, do Concello de Palas de Rei, Pablo Taboada e da Deputación de Lugo, Pilar García Porto. Nesta edición do Son d´Aldea, adaptada coas medidas fronte a Covid-19 que esixen os respectivos protocolos para este tipo de festivais teatralizados e de recreación histórica, terá lugar os días 3 e 4 de setembro dentro da programación da “Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei”.


O venres, 3 de setembro, o grupo Comando Curuxás representa a obra Curuxás ás 21:00 horas no Parladoiro de Arqueixal en Santiago de Albá. Tamén se presentarán os libros das edicións anteriores (2016, 2019) do Son d´Aldea onde se recopilan todos os testemuños e diálogos do roteiro. Para isto contarase coa colaboración de Manuel Vieites que foi director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.



O sábado, 4 de setembro, terá lugar a Mostra de Artesanía Alimentaria e o roteiro que consta de 16 escenas divididas en: oito transicións e oito escenas teatrais protagonizadas por 47 actores e actrices, fundamentalmente de Albá, Santo Xusto, coa colaboración da Asociacións de veciños de O Parcamique e Entreportas. Este roteiro, estará centrado nos “saberes da aldea”, esto é, os saberes que a xente posuía referentes ós diferentes oficios (frageiro, canteiro, latoeiro…), na recuperación de vocabulario,… tentará, ademais, transmitir todos esos saberes sobre os oficios ás xeracións máis novas para evitar a súa pérdida. Estará dirixido polas compañías teatrais palenses Metátese Teatro e Alentía Teatro e saírase do campo da festa da aldea de Santiago de Albá ás 9:30 horas.


Ese día, faranse ademais, os xogos populares coas oportunas medidas anti covid-19, tamén participará o contacontos Celso Sanmartín. Así como, unha das novidades desta edición e a actuación do grupo galego Luar na Lubre, “que inspirou a creación do último disco precisamente na aldea de Albá” tal como manifesta J. Luis Carreira dende o comité organizador. Este día, a escola de Teatro de Taboadela representará Os marcos da vida e a agrupación MeRe Clown, Mere-cidamente.


0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page